Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores (P-P-2001/013 e P-P-2001/041).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, 47, 5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 5 de xullo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/013.

Denunciado: Vicente Gozalvos López. Rúa Zamora, 100, 3º A, Vigo.

DNI: 35.415.250.

Feitos denunciados: pescar unha troita (17 cm) de tamaño inferior ó autorizado, tirándoa ó río e vive, ás 11.10 horas do día 18 de marzo de 2001, no río Louro ó seu paso por Louredo, no concello de Mos.

Data do acordo de incoación: 22-3-2001.

Alegacións á incoación: presenta escrito con data 17-4-2001.

Data da proposta de resolución: 5-6-2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co anexo IV do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).

Expediente: P-P-2001/041.

Denunciado: Eduardo Vázquez Hernández, Purificación Saavedra, 1ª travesía, 21, 1ª, Vigo.

DNI: 36.146.010.

Feitos denunciados: pescar nun tramo de río vedado ata o 6 de maio por tratarse de augas habitadas por salmón, ó ser sorprendido o denunciado estaba realizando lances á auga. Feitos acaecidos ás 20.15 horas do día 7 de abril de 2001, no río Tea ó seu paso por Fozara, no concello de Ponteareas.

Data do acordo de incoación: 27-4-2001.

Alegacións á incoación: presenta escrito con data 28-5-2001.

Data da proposta de resolución: 31-5-2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co artigo 3 da Orden do 15-2-2001 e co anexo I da Orden do 20-1-2000.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 20.000 pesetas (120,20 euros).