Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.653

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 19 de xullo de 2001 de axudas ós concellos para a infravivenda rural no exercicio de 2001.

O Decreto 343/1992, do 26 de novembro, modificado polo Decreto 195/1996, do 17 de maio, regula as axudas ós concellos para a infravivenda rural.

O Decreto 127/2001, do 25 de maio, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrucción de vivendas no medio rural, na súa disposición adicional modifica o artigo 4 do Decreto 343/1992, do 26 de novembro, de axudas ós concellos para a infravivenda rural.

Esta disposición, que non modifica o procedemento, abre o prazo de presentación das solicitudes, indica o importe máximo das axudas e a partida orzamentaria na que figuran os créditos que amparan esta orde, sinala a contía máxima das subvencións que se concederán para cada concello no exercicio de 2001, determina os ingresos familiares e a súa ponderación e establece o impreso cos datos da unidade familiar e da infravivenda.

A disposición derradeira primeira do Decreto 343/1992, do 26 de novembro, faculta o conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas actualmente Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para dictar, no marco das súas competencias, as disposicións que cumpran para o desenvolvemento e aplicación da devandita norma.

A disposición adicional 2ª do Decreto 195/1996, do 17 de maio, faculta, así mesmo, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para determinar por orde, dentro dos límites da consignación orzamentaria de cada exercicio, a cantidade máxima que se concederá en concepto de subvencións para cada concello.

Logo dos informes preceptivos segundo o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de novembro de 1993, e en uso das referidas autorizacións,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Poderanse conceder axudas ós concellos para a solución do problema das infravivendas rurais por un importe de 690.000.000 de pesetas, dos que 340.000.000 de pesetas serán con cargo ó exercicio corrente e 350.000.000 de pesetas para o seguinte exercicio orzamentario, sen prexuízo do seu reaxuste a anualidades posteriores en función do ritmo da execución das obras aprobadas.

A dotación inicial prevista poderase incrementar en función das solicitudes e en función das dispoñibilidades orzamentarias con cargo á mesma aplicación.

2. Estas axudas tramitaranse financeiramente durante este exercicio a través do crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación

06.60.331A.760 do vixente orzamento de gastos do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

3. Para o exercicio de 2001 a cantidade máxima que se concederá, en concepto de subvencións, para cada concello será de dezaoito millóns de pesetas (18.000.000 de pesetas) dentro dos límites da devandita consignación orzamentaria.

Artigo 2º

Para os efectos do disposto no artigo 2 do Decreto 343/1992, do 26 de novembro, enténdese:

1. Por ingresos familiares, a contía, en millóns de pesetas, da parte xeral e especial de base impoñible, reguladas nos artigos 38 e 39, respectivamente, da Lei 40/1998, do 9 de decembro, sobre a renda das persoas físicas, isto é, antes de proceder ás deduccións dos mínimos persoal e familiar, e correspondente á declaración do solicitante e ás declaracións de cada un dos demais membros da unidade familiar, presentadas no período impositivo inmediatamente anterior (con prazo de presentación vencido) á solicitude das axudas.

Se o interesado non presentase declaración, por non estar obrigado a iso, a acreditación dos seus ingresos familiares efectuarase mediante declaración responsable, sen prexuízo da posible comprobación administrativa.

Descontaranse, en todo caso, os ingresos percibidos en concepto de pensións ou subvencións por minusvalidez ou invalidez.

2. Por ingresos familiares ponderados, os resultantes de lles aplicar ós ingresos familiares o seguinte coeficiente multiplicador de ponderación en función do número de membros da unidade familiar:

Familias de 1 membro: 1.

Familias de 2 membros: 0,90.

Familias de 3-4 membros: 0,80.

Familias de 5-6 membros: 0,70.

Familias de máis de 6 membros: 0,60.

3. Por unidade familiar tal e como resulta definida polas normas reguladoras do imposto sobre a renda das persoas físicas.

As referencias á unidade familiar, para efectos de ingresos, fanse extensivas ás persoas que non estean integradas en ningunha unidade familiar.

Artigo 3º

1. Para os efectos do disposto no artigo 5 do Decreto 343/1992, do 26 de novembro, modificado polo Decreto 195/1996, do 17 de maio, o impreso cos datos da unidade familiar e da infravivenda é o que figura no anexo desta orde.

2. Os concellos peticionarios das axudas presentarán coa solicitude inicial unha declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes.

Así mesmo, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, presentarán unha declara

ción complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 4º

Contra as resolucións de concesión das axudas poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da notificación da resolución.

Artigo 5º

O incumprimento das condicións establecidas para a concesión das axudas determinará a obriga do reintegro por parte do concello dos recursos achegados polo IGVS.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 6º

Os concellos beneficiarios están obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida polo IGVS así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 7º

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día da entrada en vigor desta disposición e rematará o día 30 de setembro de 2001.

Disposición transitoria

As axudas económicas solicitadas dentro do prazo ó abeiro de convocatorias anteriores seguiranse tramitando conforme a normativa aplicable a elas e poderanse atender con cargo ós créditos consignados para esta finalidade nas aplicacións que figuran no artigo 1º desta orde para este exercicio.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas as ordes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1993 (Diario Oficial de Galicia nº 35, do 22 de febreiro) e do 6 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 74, do 14 de abril), e tamén cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto nesta orde, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda