Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001 pola que se somete a información pública a relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Parque Empresarial de Arbo (Pontevedra).

Aprobado definitivamente polo Concello de Arbo en sesión plenaria celebrada o 29 de outubro de 2000, o Plan Parcial do Parque Empresarial de Arbo (Pontevedra), que segundo o disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, e no artigo 54 da Lei 1/1997, do Solo de Galicia, implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os efectos de expropiación forzosa.

Vistos os artigos 142 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como os artigos 199 e seguintes do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento de xestión urbanística, en relación cos artigos 17 e

seguintes da Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de 1954 e concordantes do seu regulamento; sométese a información pública a relación de propietarios e titulares dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do mencionado Parque Empresarial de Arbo, de conformidade co planeamento aprobado.

O expediente estará exposto no Concello de Arbo, e na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, para información pública durante o prazo de 15 días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n, en Pontevedra.

Relación de titulares:

Expediente: 1.

Propietario: Comunidade de Montes de Barcela.

Polígono: 22.

Parcela: 200, 223, 228, 231, 232.

Superficie: 65.345 m (monte).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo