Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no artigo 142 do regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que en caso contrario se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación

do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 17 de xullo de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-José García Pérez.

Expediente: OR-872.

Conta nº 4.

Enderezo: Grupo O Carballal, portal 1, bl. I, 2º B, A Pobra de Trives.

Importe da débeda: 853.204 pesetas.

-Mª Teresa López Hortas.

Expediente: OR-92/502.

Conta nº 19.

Enderezo: Grupo Barrocás, 1ª fase, praza 500, bl. A, 3º E, Ourense.

Importe da débeda: 386.023 pesetas.

-Juan Aníbal Grilo Sánchez.

Expediente: OR-83/410.

Conta nº 30.

Enderezo: avda. Santiago, nº 129, 4ª planta, Ourense.

Importe da débeda: 906.412 pesetas.

-Elena Barreiros González.

Expediente: OR-80/010.

Conta nº 68.

Enderezo: Grupo Pontenovo, bl. D, nº 28, 1º I, Ourense.

Importe da débeda: 531.020 pesetas.

-Herdeiros Cristina Martín Montes.

Expediente: OR-83/010.

Conta nº 90.

Enderezo: Pablo Iglesias, nº 3, torre 2, Ourense.

Importe da débeda: 540.552 pesetas.