Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Valverde 2888.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que por resolución de data 28-3-2001, outorgouse a Blokdegal, S.A., o permiso de investigación denominado Valverde 2888 de catro cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Gondomar, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 43' 20''42º 08' 20''

28º 42' 40''42º 08' 20''

38º 42' 40''42º 07' 40''

48º 43' 20''42º 07' 40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 25 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra