Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.601

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se dictan normas de validez das acreditacións sanitarias da campaña de saneamento gandeiro.

A Orde do 4 de abril de 1997, pola que se dictan normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e caprina faculta na súa disposición final o director xeral de Producción Agropecuaria a dicta-las normas necesarias para o mellor cumprimento desta orde.

En uso das facultades conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-As acreditacións sanitarias ás que se refire o artigo 9 da Orde do 4 de abril de 1997 serán comunicadas ós titulares ou posuidores dos animais unha vez coñecidos os resultados das probas da campaña de saneamento gandeiro en curso.

Segundo.-Mentres non se inicien as probas da campaña anual de saneamento gandeiro (tuberculose bovina; brucelose bovina, ovina e caprina; leucose enzoótica bovina e peripneumonía contaxiosa bovina) nunha explotación, conservarán a súa validez os documentos de acreditación sanitaria da campaña anterior, que producirán plenos efectos en todo tipo

de movementos pecuarios, ata que lles sexa comunicado un novo documento, que necesariamente será emitido no ano en curso.

Disposición derradeira

A presente resolución será de aplicación a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Manuel Díaz Cano

Director xeral de Producción Agropecuaria