Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 22 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións

recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido nos artigos 8.3º e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírtense de que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte á notificación da presente resolución, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

EmpresaDomicilio

Localidade

Nº Expte.Data resolución dirección xeral ou conselleríaPreceptosSanción

imposta

InfrinxidosSancionadores

Gutierrez y Gutierrez, S.L.Vigo-Pontevedra285/2000 (R.A.) 640/1999 (PO) 1304/1999 (AI)5 de setembro de 2000Artigo 3.a), parte C, anexo IV en relación co artigo 11.1º c), ambos do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción, así como artigo 187 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970) en relación coa disposición derradeira primeira nº 2 do convenio colectivo xeral do sector da construcción.Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.650.001 ptas.

Poliéster Técnico, S.L.Vigo-Pontevedra349/2000 (R.A.) 702/1999 (PO) 1482/1999 (AI)25 de xaneiro de 2001Artigo 3 a), da parte C do anexo IV en relación co artigo 11.1º c), ambos do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción, así como artigo 192 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970) en relación coa disposición derradeira primeira nº 2 do convenio colectivo xeral do sector da construcción, resolución do 4-5-1992.Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.250.001 ptas.

Monjodise, S.L.Pontevedra479/2000 (R.A.) 776/1999 (PO) 1644/1999 (AI)8 de novembro de 2000 Artigos 4.2º e 26 do R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, do Estatuto dos traballadores, conforme ó artigo 93 do mesmo texto legal.Artigo 95.10º do R.D. 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos traballadores.120.000 ptas.

Construcción y Reparación Soñeiro, S.L.Sada-A Coruña802/2000 (R.A.) 350/2000 (CO) 557/2000 (AI)21 de febreiro de 2001Artigo 11 e anexo IV parte C, 5 e) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 3 e anexo I ap. 9 do R.D. 486/1997, do 14 de abril, así como artigo 188 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970). Artigo 11 e anexo IV parte C ap. 3.a) e b) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 187 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970).Artigos 46.4º e 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.280.100 ptas.

Cnes. Marsefer, S.L.Caldas de Reis-Pontevedra820/2000 (R.A.) 223/2000 (CO) 239/2000 (AI)9 de maio de 2001Artigos 3 a) e b) da parte C, do anexo IV do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e anexos I, III e IV artigo 9 do R.D. 773/1997, do 30 de maio. Artigo 15 a) da parte A do anexo IV do R.D. 1627/1997.Artigo 47.16º e 46.4º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.300.100 ptas.

Antonio Varela Fraga, S.L. Cnes.Oleiros-A Coruña867/2000 (R.A.) 405/2000 (CO) 471/2000 (AI)6 de marzo de 2001Artigo 1 e anexo IV parte C, ap. 3.a) e b) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais251.000 ptas.

Inmobiliaria Meridional, S.A.Vigo-Pontevedra904/2000 (R.A.) 512/2000 (PO) 1091/2000 (AI)9 de maio de 2001Artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co disposto no artigo 18 do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e por infracción ó disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro en relación co disposto no artigo 5.2º a) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.Artigos 46.5º e 47.6º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais400.000 ptas.

Instalaciones y Montajes La Grela, S.A. (Imosa)A Coruña934/2000 (R.A.) 530/2000 (CO) 863/2000 (AI)29 de marzo de 2001Artigos 3 a), 6.2º e 3º e 7.2º en relación co anexo I.3 e III do R.D. 773/1997, do 30 de maio.Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.300.000 ptas.