Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.455

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de xullo de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública e de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais e que ten como misión fundamental potencia-lo Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia para convertelo nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Dentro dos programas tecnolóxicos sectoriais figura o Programa de Investigación Agraria que ten como obxectivo xeral mellora-la productividade do sector agropecuario ó longo de toda a súa cadea, tendo en conta as características do medio rural galego. A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En consecuencia e para pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas e neste caso concreto para a execución do Programa de Investigación Agraria e como continuación das accións realizadas no ano 2000

DISPONSE:

Artigo 1º

Anúnciase a convocatoria das axudas e bolsas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do Programa de Investigación Agraria e apróbanse e fanse públicas as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia:

1. Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada no sector agrario (anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no sector agrario (anexo II).

3. Axudas para a adquisición de infraestructura científica por parte de grupos de centros públicos de investigación agraria non universitarios non dependentes da Administración central (anexo III).

4. Prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas agrarios (anexo IV).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I e III desta orde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria destinarán ata un máximo de 150.000 pesetas (101.518,16 euros) que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2001 a 2004 de acordo coa seguinte distribución:

Aplicación

04.07.432A.740.0

Ano 2001

70.000.000 de ptas.

(420.708,47 euros)

Ano 2002

60.000.000 de ptas.

(360.607,26 euros)

Aplicación

04.07.432A.740.0

Ano 2003

15.000.000 de ptas.

(90.151,82 euros)

Ano 2004

5.000.000 de ptas.

(30.050,61 euros)

Para as axudas convocadas no anexo II destinarase ata un máximo de 120.000.000 de pesetas (721.214,52 euros) que se imputarán á aplicacións orzamentarias 04.07.432A.770.0 e 04.07.432A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2001 a 2004 de acordo coa seguinte distribución:

Aplicación

04.07.432A.770.0

04.07.432A.781.0

Ano 2001

40.000.000 de ptas.

(240.404,84 euros)

10.000.000 de ptas.

(60.101,21 euros)

Ano 2002

40.000.000 de ptas.

(240.404,84 euros)

5.700.000 ptas.

(34.257,69 euros)

Aplicación

04.07.432A.770.0

04.07.432A.781.0

Ano 2003

5.000.000 de ptas.

(30.050,61 euros)

5.000.000 de ptas.

(30.050,61 euros)

Ano 2004

5.000.000 de ptas.

(30.050,61 euros)

5.000.000 de ptas.

(30.050,61 euros)

Non obstante, no caso das actuacións ás que se refire o punto 3, alínea b), do anexo II as cantidades que deban percibi-las institucións públicas participantes de acordo co previsto no correspondente contrato de colaboración poderanse librar directamente á institución pública con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 relativa ó anexo I e respectando os límites antes citados.

Para as prórrogas das bolsas convocadas no anexo IV destinarase ata un máximo de 1.800.000

pesetas (10.818,22 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (900.000 pesetas) (4.267,19 euros) en cada un deles.

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (PGIDT), e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro.

Artigo 4º

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria será de 6 meses, contados desde a publicación desta orde no DOG. De non mediar resolución expresa no dito prazo as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que se deriven desta convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte ó que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte ó que se produza o acto presunto.

Artigo 5º

Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro dos disposto nesta orde quedan obrigados a facilitar toda información que lles sexa requirida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Así mesmo, os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda

pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 6º

As resolucións de concesión de axudas dictadas ó abeiro da presente orde poderán modificarse no caso de alteración das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral de Desenvolvemento Rural para que dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2001.

Jaime Pita VarelaJuan Miguel Diz Guedes

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Agricultura

e Administración PúblicaGandería e Política Agroalimentaria

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en temas agrarios

Estas axudas teñen como obxectivo contribuír á formación de novos grupos así como prestar apoio a aqueles equipos de investigación xa existentes para o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada en temas agrarios coa finalidade de mellora-lo sector, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Agraria:

* Producción.

-Producción gandeira.

-Pastos e forraxes.

-Viticultura.

-Produccións alternativas.

* Enxeñería rural e agroindustria.

-Conservación e transformación.

-Parámetros de calidade.

-Instalacións, equipamentos e procesos.

* Comercialización e desenvolvemento.

-Estudios de mercado.

-Normalización de procedementos.

-Prospectiva.

-Desenvolvemento, procesos e servicios.

* Desenvolvemento rural.

-Agroecoloxía. Impacto ambiental.

-Xestión do medio rural.

-Solos agrícolas. Conservación e manexo.

-Xestión de explotacións.

-Planificación. Sistemas de información.

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que baixo a dirección continuada dunha delas realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación, que baixo a dirección dun deles realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos, que achegan coñecementos de campos diferentes, pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estable, bolseiros, de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga, excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria. En ningún caso, para os efectos desta convocatoria, se admitirá como persoal vinculado ó organismo aquel que estea contratado como bolseiro con cargo a un proxecto independentemente do organismo financiador.

Grupos solicitantes.

Para poder participar nesta convocatoria os investigadores deberán integrarse en grupos que se teñen que manter, cando menos, durante o período de vixencia da axuda concedida, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación desta e que requirirán a autorización da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos desta convocatoria establécense os seguintes tipos de grupos:

1.1. Grupos en formación. Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada en temas agrarios, non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos con referencia a liñas existentes se se alegan razóns circunstanciais de forza maior. No caso de grupos en formación cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

1.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

1.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo.

1.2. Grupos/equipos consolidados. Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso cada grupo poderá ter máis dun equipo e todos eles deberán ter como mínimo as seguintes características de composición:

1.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.2.2. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e ter alomenos un sexenio recoñecido ou ben ter unha antigüedade mínima como doutor de catro anos e acreditar nos últimos catro anos unha actividade investigadora que como mínimo responda a algunha das seguintes alíneas:

a) Ter dirixido unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de Investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

1.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial.

Estes investigadores e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

1.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

1.2.5. No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e adicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

Excepcionalmente e con carácter transitorio no caso dos centros públicos de investigación de carácter sectorial non universitarios, admitiranse as seguintes situacións particulares:

a) O investigador principal poderá ser un técnico superior cunha experiencia mínima de catro anos como investigador.

b) O investigador citado no punto 1.2.3 poderá ser un titulado superior vinculado ó centro con dous anos acreditados de experiencia investigadora ou titulado de grao medio vinculado con catro anos de experiencia investigadora.

c) Os investigadores equivalentes ós que se refiren os puntos 1.2.4 e 1.2.5 poderán ser titulados superiores vinculados ó centro. No seu defecto e con carácter excepcional o equipo poderá completarse con técnicos de grao medio vinculados ó centro e con dous anos de experiencia ou con bolseiros de terceiro ciclo.

1.3. Grupos/equipos de excelencia. Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas en canto á súa composición e uns criterios preestablecidos de calidade.

1.3.1. Características mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1 O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e deberá ter alomenos dous sexenios recoñecidos ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de oito anos e acreditar actividade investigadora nos últimos catro anos que como mínimo responda a algunha das seguintes alíneas:

a) Ter dirixido unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de Investigación no caso das universidades.

b.2 Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3 Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase, incorporando alomenos un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

1.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir alomenos catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia de comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas por un importe superior a dous millóns de pesetas cada un deles.

Excepcionalmente e con carácter transitorio no caso dos centros públicos de investigación de carácter sectorial non universitarios, admitiranse as seguintes situacións particulares respecto á composición do equipo:

a) O grupo/equipo terá un mínimo de catro membros.

b) O investigador principal poderá ser un técnico superior con experiencia mínima de oito anos e vinculación estable.

c) O doutor con antigüidade mínima de seis anos poderá ser substituído por un titulado superior con experiencia mínima de seis anos e vinculación estable.

d) O terceiro doutor pode ser substituído por un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo.

e) Excepcionalmente os restantes membros do equipo (mínimo un) poderán ser técnicos de grao medio con dous anos de experiencia investigadora.

Así mesmo, para estes centros e polo que respecta ós criterios de calidade rexerán os descritos no punto 1.3.2 agás os puntos b), c) e h) que quedan como segue:

b) Dúas teses de doutoramento dirixidas ou codirixidas e lidas.

c) Oito publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

h) Dirección de tres proxectos financiados por empresas dun importe superior a dous millóns de pesetas cada un deles.

1.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores, os cales serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida, se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) son como mínimo igual ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo base. Como investigadores no proxecto solicitado poderán figurar outros titulados superiores sen vinculación, que non serán computados na valoración deste. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e colaboradores para accións específicas pertencentes a outros grupos que só serán considerados para os efectos da avaliación científico-técnica do proxecto.

2. Axudas ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan ós seus membros.

2.1. Grupos en formación.

2.1.1. Axudas.

Os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo, axuda que polo tanto só poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte del. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas (seis mil dez con doce euros) por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

2.1.2. Limitacións.

a) Os grupos en formación, e polo tanto os seus membros, mentres desfruten dunha axuda concedida ó amparo desta convocatoria non poderán dispor (ou participar) doutro proxecto, independentemente de cal sexa a orixe do seu financiamento.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

2.2.1. Axudas.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar nesta convocatoria só por unha delas:

a) Incentivos.

Os grupos/equipos consolidados ós que se lle comunicase con posterioridade ó 30 de marzo de 2000 e ata a data de peche desta convocatoria a concesión dun proxecto aplicado do Plan Nacional relativo á investigación agraria ou do Programa Marco Europeo, poderán solicitar en lugar dun proxecto de investigación e por cada un dos proxectos obtidos

e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda, que abranguerá como máximo un período de tres anos, será de catro millóns de pesetas (24.040,48 euros) no caso de proxectos do Plan Nacional e de seis millóns de pesetas (36.060,73) euros) no caso do Programa Marco e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de quince millóns de pesetas (90.151,82 euros) para un período de tres anos que se computará a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación proposta, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 destas bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence. Un deles será o coordinador do proxecto. No caso dos centros de carácter sectorial non universitarios, a antigüidade como doutor poderá ser suplida por unha experiencia investigadora acreditada de oito anos.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un), deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo. No caso dos centros de carácter sectorial non universitarios, este investigador poderá ser un técnico de grao medio con experiencia investigadora acreditada de dous anos.

2.2.2. Limitacións.

Os investigadores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos ou se é o caso unha experiencia investigadora mínima de catorce ou máis anos e vinculación estable a un centro de carácter sectorial non universitario, poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos ou se é o caso unha experiencia investigadora entre dez e trece anos e vinculación

estable a un centro de carácter sectorial non universitario, poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos ou se é o caso unha experiencia investigadora entre catro e nove anos e vinculación estable a un centro de carácter sectorial non universitario, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e nun se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgún dos tres puntos anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

2.3.1. Axudas.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria só por unha delas:

a) Incentivos.

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas no punto 2.2.1.a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións, agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de cinco millóns de pesetas (30.050,60 euros) para proxectos do Plan Nacional e sete millóns de pesetas (42.070,85 euros) para proxectos do Programa Marco.

b) Proxectos de investigación

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de vinte millóns de pesetas (120.202,42 euros) para un período de tres anos que se computarán a partir da adxudicación da axuda. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación presentada, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 destas bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase que os seus membros cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no punto 1.3.1.

2.3.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo, que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións que as descritas para os grupos consolidados no punto 2.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa con ata dous proxectos doutros programas do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco, os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 300.000 pesetas (1.803.04 euros) referidas ós conceptos específicos recollidos nos puntos 4.4 e 4.5 destas bases, sempre en relación ós gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 2.2 e 2.3.

3. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto; estes investigadores non computarán para os efectos da compo

sición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante agás cando se trate de equipos mixtos entre investigadores dos centros de carácter sectorial non universitarios e investigadores doutros centros/organismos públicos de investigación de Galicia.

O modelo oficial de solicitude número AGR-1 (do que a carauta externa se publica como anexo V a esta orde), está á disposición dos interesados de forma íntegra nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid ou http://www.xunta.es/ag/servicios/cgita.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude. Así mesmo, deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto para o sector e contempla-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou por calquera das vías previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de setembro de 2001.

4. Conceptos subvencionables. En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que de seguido se relacionan, se ben cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos en formación (punto 2.1) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (punto 2.4).

O importe máximo por este concepto será de 6.600.000 pesetas (39.666,8 euros) para proxectos de tres anos, 4.400.000 pesetas (26.444,53 euros) para proxectos de dous anos e 2.200.000 pesetas (13.222,27 euros) para proxectos dun ano e, no caso dos incentivos de grupo/equipos consolidados ou de excelencia (puntos 2.2.1.a) e 2.3.1.a) destas bases) poderase imputar a este concepto ata o importe total de subvención permitida descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas pasará a ser propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible debidamente xustificado.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta, por parte da Secretaría Xeral de I+D requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non o facer consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nestas bases serán excluídos e no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos á súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia) a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento conxuntamente co director xeral de Desenvolvemento Rural poderá determina-lo pase de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan

Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

6. Avaliación e selección.

A avaliación das solicitudes presentadas relativas a proxectos de investigación será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a avaliación, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación teranse en conta, en orde decrecente de importancia, os seguintes criterios:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos.

b) A valoración dos resultados obtidos polos investigadores que forman o equipo en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Agraria.

d) O interese, relevancia e oportunidade, dos obxectivos do proxecto cara á resolución de problemas do sector relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto presentado a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

f) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación a realizar.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos de grupos consolidados e de excelencia así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 2.1.1.a), 2.2.1.a), 2.3.1.a) e 2.4 respectivamente), terase en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretenden realizar coa axuda solicitada.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan conxuntamente, podendo financiarse total ou parcialmente o orzamento presentado. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

O solicitante deberá comunica-la súa aceptación á concesión e á contía desta, para a realización do proxecto aprobado.

7. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, segundo o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto acompañada dos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbese. Ademais no caso das axudas recollidas no punto 2.4 requirirase documento acreditativo de ter presentado solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

8. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, de acordo co previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivara unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en coordinación coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito impreso cuberto no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, previas as comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, emitirá un informe sobre o cumprimento do

proxecto, que remitirá á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Estes centros, se o consideran necesario poderán convoca-lo investigador principal, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

9. Difusión de resultados

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia e deberán enviar un exemplar das correspondentes publicacións, presentándoo no rexistro xeral da dita consellería ou do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto, incluída unha posible patente.

10. Incidencias.

Os investigadores que se integren nun grupo que resulte seleccionado, quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos segundo os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria, dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO II

Axudas para a realización de proxectos

de investigación empresarial no sector agrario

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial, co fin de incre

mentar tanto a súa competitividade como as posibilidades de creación de emprego, consideran do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no ámbito do sector agrario.

Desde o punto de vista estructural, esta acción non define modelos de actuación predeterminados. Con todo, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros de investigación sen prexuízo da consideración favorable con que se contemplen os proxectos de interese presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

1. Obxecto.

Nestas bases regúlase o procedemento de concesión, en réxime de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións destas e entidades sen ánimo de lucro, para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, de acordo cos seguintes fins:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación nas empresas.

b) Incrementa-la colaboración dos centros de investigación e universidades da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo pequenas e medianas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociacións ou agrupacións destas así como as entidades sen ánimo de lucro, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Te-lo seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

b) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) Os demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura e activos de I+D que lles permite abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que debido á carencia de medios adecuados, encargan a totalidade ou parte da investigación que se vai realizar no proxecto a equipos dos centros públicos de investigación, dos centros tecnolóxicos ou das universidades de Galicia.

4. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos; este compútase a partir da data de adxudicación das axudas.

5. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 70% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto, no caso de que se trate de investigación industrial, e ata un 50% no caso de actividade de desenvolvemento precompetitiva.

Enténdese por investigación industrial a investigación planificada ou os estudios críticos que teñan por obxecto a adquisición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos productos, procesos ou servicios ou contribuír a mellorar considerablemente os productos, procesos ou servicios existentes. Pola súa parte, por actividade de desenvolvemento precompetitivo enténdese a materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, esquema ou deseño para productos, procesos ou servicios novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén a formulación conceptual e o deseño doutros productos, procesos ou servicios, así como proxectos de demostración inicial ou proxectos piloto, sempre que os ditos proxectos non se poidan converter ou utilizar para aplicacións industriais ou a súa explotación comercial.

Poderanse incluí-los custos seguintes:

5.1 Gastos de persoal adicional imprescindible para a realización do proxecto. Só será subvencionable aquel persoal alleo ó cadro de persoal da empresa que sexa contratado especificamente para colaborar no proxecto e que non teña vinculación laboral con ela nin a tivese nos dous últimos anos, debendo especificarse na solicitude o perfil requirido. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 6.600.000 pesetas (39.666,8 euros) para proxectos de tres anos, 4.400.000 pesetas (26.444,53 euros) para proxectos de dous anos e 2.200.000 pesetas (13.222,27 euros) para proxectos dun ano.

A empresa poderá computar como achega dela á realización do proxecto e polo concepto de persoal propio que se dedica á investigación e que colabore no proxecto, ata un máximo do 60% do orzamento que deba achega-la empresa.

Os proxectos de investigación empresarial ós que se refire esta orde poderán incluí-la contratación de laboral de mozos titulados universitarios e de formación profesional de segundo grao ou ciclo superior. As ditas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de subvención deberán reuni-los requisitos e condicións, e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convocatoria, e requirirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

5.2 Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipos, instrumentos, aparellos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen á actividade de investigación proposta. Admitirase material a escala de laboratorio e de planta piloto pero en ningún caso se admitirá material a escala productiva (investimentos productivos).

5.3 Gastos en materiais funxibles necesarios para a execución do proxecto.

5.4 Gastos xerais suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto tales como viaxes, comunicacións, etc. En ningún caso estes gastos poderán supera-lo 5% do custo do proxecto.

5.5 Custo de colaboracións externas coa universidade, centros públicos de investigación ou centros tecnolóxicos de Galicia debidamente xustificados, detallando os investigadores concretos, persoal, medios, subministración, e servicios que aqueles achegan.

5.6 Gastos para a protección dos resultados da investigación.

5.7 Outros gastos directamente derivados da actividade de investigación.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes segundo o modelo oficial número AGR-2 (que se publica como anexo VI a esta orde) están á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC e na Internet nos enderezos: http://www.cesga.es/sxid, no enderezo http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/in

dex.htm ou no enderezo http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/cgita.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1) Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE) e na Seguridade Social.

2) Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación co que actúe o solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3) Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

4) Declaración expresa de estar ó día no pagamento das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

5) No caso de proxectos da modalidade B xuntarase copia do contrato de colaboración asinado entre a empresa e os organismos públicos de investigación que realizarán o proxecto ou que colaborarán na súa realización ou no seu defecto unha carta de intencións. Neste documento deberá consta-la composición dos equipos de investigación dos ditos organismos públicos así como a descrición detallada e xustificada dos gastos.

6) Xuntarase tamén unha declaración xurada do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de setembro de 2001.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase por parte da Secretaría Xeral de I+D ó solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que de non o facer consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

8. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta por orde decrecente de prioridade, os seguintes criterios:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Agraria.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto cara á resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma no sector agrario.

d) A capacidade da empresa para a execución do proxecto.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Libramento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 15 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

9.1 Certificación expedida pola entidade bancaria sinalando número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

9.2 Memoria xustificativa das actividades realizadas e do custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado.

9.3 Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas de Seguridade Social.

9.4 Certificación de non ter pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración da Comunidade Autónoma.

9.5 No caso de proxectos plurianuais, aval bancario ou de entidade aseguradora conforme o establecido na normativa vixente, por un prazo que medie entre a data de solicitude do pagamento da corrrespondente anualidade e a data límite de xustificación da última anualidade.

9.6 Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

9.7 No caso de proxectos da modalidade B, copia do contrato de colaboración entre a empresa e o organismo público.

Poderán realizarse pagamentos parciais a conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais, entenderase que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación de anualidade corrente ata o final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderanse presentar como xustificante para o cobramento desa anualidade.

10. Seguimento dos proxectos.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o límite establecido no punto 5 destas bases. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, de acordo co previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivase unha mala utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos do proxecto. Neste contexto a Secretaría Xeral de Investigación e

Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural poderán asignar a cada proxecto un investigador titor, que baixo a coordinación do xestor do programa poida colaborar no seu desenvolvemento e seguimento.

Finalizado o proxecto a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural remitirán ás empresas beneficiarias destas axudas un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no desenvolvemento, quedando a empresa obrigada a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou do Rexistro Xeral da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá un informe sobre o cumprimento do proxecto con destino á Secretaría Xeral de Investigación e á Dirección

Xeral de Desenvolvemento Rural. Estas unidades poderán convoca-lo responsable da empresa, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e/ou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na posta en práctica deste anexo.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas segundo o disposto nos artigos 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

ANEXO III

Axudas para a adquisición de equipamento de infraestructura científica por parte de grupos de centros públicos de investigación agraria non universitarios e non dependentes da Administración central

A finalidade destas axudas é mellora-lo equipamento científico dos centros de investigación agraria non universitarios non dependentes da Administración central do Estado. As peticións deberanse referir necesariamente á adquisición e instalación de instrumentación científica en xeral (material inventariable), imprescindible para o desenvolvemento das investigacións en curso ou, de se-lo caso, de material complementario de equipamento científico xa existente.

1. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo responsable de grupos de investigación consolidados ou de excelencia de centros públicos de investigación agraria non universitarios e non dependentes da Administración central do Estado (ver puntos 1.2 e 1.3, respectivamente, do anexo I).

As solicitudes, no modelo oficial AGR-3 (que se publica como anexo VII á presente orde) están á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.-

htm, http://www.cesga.es/sxid, ou http://www.xunta.es/-

conselle/ag/servicios/cgita.

A contía da solicitude deberá ser dun mínimo de seis millóns de pesetas (enténdese esta relativa a un único instrumento), e non poderá supera-los quince millóns de pesetas.

Os impresos de solicitude deberán incluí-la seguinte documentación:

a) Descrición detallada do material que se solicita.

b) Xustificación pormenorizada da necesidade do dito material respecto da investigación que realiza cada un dos grupos solicitantes (unha xustificación por cada un dos grupos solicitantes).

c) Relación e composición dos grupos de investigación que usarán ordinariamente o material solicitado (máximo 4 grupos). Os investigadores que se integran nun grupo, no caso de que este resulte beneficiario dunha axuda desta modalidade, quedan obrigados a manterse no dito grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), cando menos ata xaneiro do ano 2003 (período que se considera necesario para a posta en funcionamento e obtención de resultados coa infraestructura financiada), salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación da correspondente axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Cada grupo poderá participar soamente nunha solicitude das que se presenten a esta modalidade de axuda. Xuntarase fotocopia do NIF de cada un dos membros de cada grupo.

d) Relación das publicacións máis salientables relacionadas coa liña do equipo solicitado, dos tres últimos anos, de cada un dos grupos solicitantes. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos significativos desta (autor/es, título, editorial, revista, etc. ) e fotocopia da última páxina da publicación.

e) Tres orzamentos de instrumentos ou equipos equivalentes mediante as correspondentes facturas pro forma. Os orzamentos deberán estar desagregados en función dos diferentes módulos que constitúen o equipo.

f) Financiamento de cada un dos grupos solicitantes nos últimos cinco anos (96-00). Acreditarase mediante copia das comunicacións de concesión das correspondentes axudas.

g) De se-lo caso, certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

h) Declaración do conxunto de tódolas axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo material de tódalas administracións públicas.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 7 de setembro de 2001.

2. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non facelo consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999 para os efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que a solicitude resultante non cumpra os requisitos mínimos da convocatoria será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

3. Resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A avaliación das solicitudes será realizada atendendo ós seguintes criterios:

a) Calidade e tamaño de cada un dos grupos solicitantes; valoraranse as publicacións efectuadas nos tres últimos anos polos integrantes de cada grupo solicitante.

b) Que a súa adquisición non supoña duplicidade inxustificada con relación ós medios xa existentes no centro onde se situará o equipo.

c) O cofinanciamento, externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

d) A adecuación das solicitudes ós obxectivos e accións do Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

e) O número de grupos solicitantes en relación coa xustificación realizada da necesidade. Valorarase positivamente o compromiso de facilita-la utilización de infraestructuras por parte dos grupos en formación.

f) Terase en conta o grao de utilización polos grupos solicitantes das infraestructuras financiadas pola Xunta de Galicia en anteriores convocatorias.

Para aquelas solicitudes que correspondan a centros dependentes da Xunta de Galicia que sexan seleccionadas pola comisión a Secretaría Xeral de

Investigación e Desenvolvemento proporalle á consellería correspondente a posibilidade de que esta adquira o material con cargo ós seus fondos, e se esto non fose posible a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederá a efectua-las oportunas retencións de crédito polo importe pertinente co obxecto de que a consellería correspondente poida solicita-la ampliación de crédito prevista no artigo 64.1º g) da Lei 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Un grao de utilización por debaixo do 60% poderá orixina-la perda da prioridade da petición tramitada.

4. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o centro solicitante ou o equipo investigador, de acordo coa normativa vixente requiríndose:

4.1. Factura acreditativa da adquisición do material financiado.

4.2. Declaración complementaria, realizada polo beneficiario, do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo material das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

4.3. Para as axudas concedidas superiores a 10.000.000 de pesetas esixirase xustificación documental na que conste de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada.

5. Obrigas.

Os beneficiarios das axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria estarán obrigados a:

5.1. Xustificar antes do 15 de novembro de 2001, mediante a correspondente factura, a adquisición do material financiado. Así mesmo, cando pola concesión doutras subvencións quedase cuberto o importe parcial ou total do gasto que supón o material, estarán obrigados a devolve-lo resto ou o total, respectivamente, da axuda concedida.

5.2. Facer constar nas memorias anuais que se redacten, así como nos traballos realizados co material subvencionado, o patrocinio da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

5.3. Os investigadores beneficiarios das axudas de infraestructura quedan obrigados a manterse no grupo no que participaron (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), cando menos ata xaneiro do ano 2003 (período que se considera necesario para a posta en funcionamento e obtención de resultados coa infraestructura financiada), salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación da correspondente axuda e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

6. Seguimento.

6.1. Os beneficiarios das axudas deberán respostar ós requirimentos, realizados desde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural directamente ou a través do xestor do programa, destinados a coñece-lo grao de utilización e rendibilidade dos equipos adquiridos. Para estes efectos antes de que transcorra un ano desde a adquisición do equipo enviaráselles ós investigadores responsables unha enquisa na que analizarán estes aspectos quedando obrigados a respondela no prazo máximo dun mes.

6.2. Os beneficiarios de infraestructuras facilitarán xustificantes do grao de utilización da instrumentación adquirida (traballos de investigación nos que figura a utilización da devandita instrumentación, etc.), cando llelo demande a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

O incumprimento destas obrigas ou a infrautilización dos equipos poderá dar lugar á reclamación das axudas concedidas conforme co disposto no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentaria de Galicia modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa e a perda de prioridade para futuras solicitudes.

7. Outras normas da convocatoria.

O material adquirido mediante esta convocatoria será propiedade do centro de investigación correspondente e deberá ser incluído no inventario xeral deste, facendo constar nel, en canto á súa adquisición, Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Xunta de Galicia, ano 2001. Os grupos adxudicatarios son usufructuarios do material financiado pero non propietarios deste; no caso de que non o empreguen ó cen por cento deberán permiti-la súa utilización a outros grupos.

ANEXO IV

Prórroga das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas agrarios

1. Solicitantes.

Aqueles beneficiarios dunha bolsa de predoutoramento (prórroga), concedida por resolución conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, do 23 de agosto de 2000 (DOG do 27 de agosto), poderán solicita-la prórroga correspondente ó curso académico 2001/2002 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial AGR-3 (que se publica como anexo VIII a esta orde) están á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, http://www.cesga.es/-

sxid, ou http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/-

cgita, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría

Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por

calquera das vías previstas no artigo 38.4º da Lei

30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 2000/2001.

Deberá ir asinado polo bolseiro e co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es do proxecto de investigación no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa, en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación, foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro acerca do estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de setembro de 2001.

3. Tramitación.

Os servicios administrativos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural revisarán as solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada.

En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días advertíndolle que de non o facer procederase segundo o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

4. Contía da bolsa.

O importe das bolsas incluirá:

4.1 Unha asignación mensual de 140.000 pesetas brutas (841,42 euros). Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2002, nunha liña tendente á homologación con bolsas estatais no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

4.2 Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria cás bolsas.

O seguro de asistencia médica será extensible, de se-lo caso, ó cónxuxe e fillos do beneficiario cando este careza de Seguridade Social.

5. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 6 meses comprendidos entre outubro de 2001 e marzo de 2002.

6. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión valorará os documentos citados nos puntos 2.1, 2.2 e 2.3 deste anexo; para obte-la prórroga será necesario que a valoración dos ditos documentos sexa favorable.

7. Aceptación da bolsa e pagamento

7.1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

7.2 O pagamento destas bolsas realizarase en dous pagamentos trimestrais; o primeiro unha vez aceptada a bolsa, e o segundo trimestre despois de que o bolseiro presente o informe final que resuma a totalidade da actividade realizada co visto e prace do director do traballo.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas ou axudas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación), así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral de investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Excepcionalmente poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa a petición razoada do interesado, logo do informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a seis mesmes ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

Así mesmo, no caso de maternidade poderá concederse, logo de petición, unha interrupción de ata un máximo de catro meses, reducíndose a contía da bolsa no dito período a un 75%.

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa, o bolseiro deberá comu

nicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia, deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

Así mesmo, no momento en que realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicalo, e no caso de que o bolseiro xustifique mediante un informe do seu director que participa noutras tarefas de investigación, poderase autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

9. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Para poder percibi-lo último trimestre, deberá remiti-lo informe final (máximo cinco páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar durante o curso académico ata un máximo de 40 horas á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo da conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó seu cadro de persoal.

Os bolseiros estarán obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

O bolseiro está obrigado a notificarlle á Secretaría Xeral de I+D ou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

Os bolseiros, antes do derradeiro pagamento, terán que remitir declaración complementaria de tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos ou sociedades.

10. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolverán tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación deste anexo.