Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2001 de corrección da do 5 de xullo de 2001 pola que se anunciou corrección do concurso público, por procedemento aberto, para a contratación das obras de ampliación da ETS de enxeñeiros de telecomunicación e nova ETS de enxeñeiros de minas. (Expediente 405/2001).

No BOE número 164 e no DOG nº 135 publicáronse anuncios relativos á corrección da convocatoria para a adxudicación da obra correspondente ó expediente 405/2001.

Detectados erros no proxecto e no prego de cláusulas administrativas particulares no referente á clasificación empresarial esixida, cómpre efectua-la súa rectificación e conceder un novo prazo de presentación de ofertas; as correccións son as seguintes:

En lugar de:

«7. Requisitos específicos do contratista: a capacidade de obrar, a clasificación empresarial e a solvencia económico-financeira e técnica deberanse acreditar, segundo os casos, na forma e polos medios que se indiquen no prego de cláusulas.

a) Clasificación:

Grupo CSubgrupos:Categoría:

2F

4E

6E

9E

Grupo ISubgrupos:Categoría:

6E

Grupo JSubgrupos:Categoría:

2E

8. Presentación das ofertas: a) data límite de presentación: 26 de agosto de 2001 ás 14 horas.

9. Apertura de ofertas: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo; r/ Areal, nº 46-1º andar. Vigo-36201. Data: 29 de agosto de 2001. Hora: 13 horas».

Substituír por:

«7. Requisitos específicos do contratista: a capacidade de obrar, a clasificación empresarial e a solvencia económico-financeira e técnica deberanse acreditar, segundo os casos, na forma e polos medios que se indiquen no prego de cláusulas.

a) Clasificación:

Grupo CSubgrupos:Categoría:

2F

4E

6E

8. Presentación das ofertas: a) data límite de presentación: 9 de setembro de 2001 ás 14 horas.

9. Apertura de ofertas: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo; r/ Areal, nº 46-1º andar. Vigo-36201. Data: 11 de setembro de 2001. Hora: 13 horas».

12. Data de envío da corrección do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas

Vigo, 19 de xullo de 2001.

P.D (Resolución 3-3-1999)

P.S. (Resolución 11-7-2001)

Jesús Graña Nogueiras

Xefe do Servicio de Control Interno