Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), pola que se anuncia o concurso público 3/2001, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o servicio de xestión de actualización dos pasivos de historias clínicas, cambios de arquivo, mobiliario, aparellos e utensilios. (Expediente SR-OR-PA-CP 3/2001).

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez cumpridos os trámites

administrativos correspondentes resolve anuncia-lo servicio que a seguir se cita:

Obxecto e orzamento: servicio de xestión de actualización dos pasivos de historias clínicas, cambios de arquivo, mobiliario, aparellos e utensilios da Xerencia de Atención Primaria A Coruña-Ferrol (área da Coruña).

Orzamento: 19.500.000 pesetas (IVE incluído). (117.197,36 euros).

Prazo de vixencia: 1 ano (12 mensualidades) desde a data de entrada en vigor do contrato.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, sito en r/ Pasteur, nº 22 (Pol. da Grela), 15008 A Coruña. Teléfono: 981 25 14 50, fax: 981 25 16 66 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: o 2% do orzamento de licitación 390.880 pesetas. (2.343,95 euros).

b) Definitiva: será o 4% do importe de adxudicación.

Forma de adxudicación: concurso público por procedemento aberto e trámite ordinario.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, r/ General Sir John Moore, nº 2, planta segunda, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 5.2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xererncia de Atención Primaria, sita na Coruña, na rúa General Sir John Moore, nº 2, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 23 de xullo de 2001.

Luís Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol