Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de xullo de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Por resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública do 11 de setembro de 1998, publicouse o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de setembro, polo que se aproba a relación de postos de traballo dos servicios comúns do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

O incremento da carga de traballo, no referente a rexistro e compulsas, a consecuencia da entrada en vigor da Lei estatal 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da Delegación Provincial de Lugo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, incorporando postos de auxiliar administrativo das delegacións doutras consellerías en Lugo, que figuran no anexo II, para así poder dar resposta ó aumento na carga de traballo.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, consultadas

as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xullo de dous mil un, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-As relacións de postos de traballo das consellerías que figuran no anexo II, quedan modificadas nos termos deste.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de xullo de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública

ANEXO II

Postos que cambian de código e/ou denominación:

RPT actualRPT da Delegación Provincial de Lugo da Consellería

da Presidencia e Administración Pública

CódigoDenominaciónCódigoDenominación

ED.C99.10.000.27001.011

Delegación Provincial Lugo

(DOG nº 144, do 28-7-1999, páx. 9.715)

Auxiliar administrativoPR.C99.10.000.27001.057Posto base grupo D

RPT actualRPT da Delegación Provincial de Lugo da Consellería

da Presidencia e Administración Pública

CódigoDenominaciónCódigoDenominación

AG.A99.10.000.27001.004

Servicio Provincial do Ilgga de Lugo

(DOG nº 188, do 27-9-2000, páx. 13.448)

Posto base grupo DPR.C99.10.000.27001.058Posto base grupo D

SA.C99.10.000.27001.292

Delegación Provincial Lugo

(DOG nº 40, do 28-2-2000, páx. 2.571)

Posto base grupo DPR.C99.10.000.27001.059Posto base grupo D

XU.C99.10.000.27001.010

Delegación Provincial de Lugo

Posto base grupo DPR.C99.10.000.27001.067Posto base grupo D

MA.C99.10.000.27001.050

Delegación Provincial Lugo

(DOG nº 64, do 30-3-2001, páx. 4.003)

Posto base grupo DPR.C99.10.000.27001.068Posto base grupo D