Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación do proxecto de construcción do edificio administrativo na rúa Archer Milton Huntington.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación do proxecto de construccióni do edificio administrativo na rúa Archer Milton Huntington que figura a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificación que se relacionan no anexo.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse na Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos vinteseis días naturais, que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de xullo de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Edificio administrativo na rúa Archer Milton Huntington

Denominación

Lugar de execución

OrzamentoAnualidadesPrazo de

execución

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

A Coruña

Construcción do edificio administrativo na rúa Archer Milton Huntington388.457.059 ptas.

2.334.673,94 euros

Ano 2001: 168.894.374 ptas.

1.015.075,63 euros

Ano 2002: 118.226.061 ptas.

710.552,94 euros

Ano 2003: 101.336.624 ptas.

609.045,38 euros

Ano 2004: 0,00 euros

Ano 2005: 0,00 euros

18 mesesA-1-c; C-2, 3, 4, 8, 9-c; I-6-c

J-1-a; J-2-c

Non se esixe

0,00 euros

4% do prezo de adxudicación.