Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2001, do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo, polo que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e mediante concurso, para a xestión do servicio público para instalación e explotación dunha cafetería-restaurante no edificio central de usos múltiples do Parque Zoolóxico da Madroa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: oficina administrativa de Vigo-Zoo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio público para instalación e explotación dunha cafetería-restaurante no edificio central de usos múltiples do Parque Zoolóxico da Madroa.

b) Lugar: Parque Zoolóxico da Madroa, Monte da Madroa, Candeán, s/n Vigo.

c) Prazo contractual: 12 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Canon.

700.000 pesetas (setentas mil pesetas).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas está á disposición dos interesados para seu exame na oficina de Información, sita na planta baixa da Casa do Concello de Vigo, praza do Rei s/n nos días e horas hábiles de oficiña durante o prazo de presentación das proposicións.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no últi

mo dos diarios ó que se remita: DOG e BOP, e rematará ós vinteseis días seguintes hábiles, día natural, ás 13 horas, a excepción de que o último día fora domingo ou festivo, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: licitadores: presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Vigo, sito na planta baixa da Casa do Concello, praza do Rei, s/n da cidade de Vigo. Código postal 36201.

8. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás dez horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de proposicións na Casa do Concello e ante a mesa de contratación, consituída polo presidente, secretario, interventor-delegado, dous vocais, director-veterinario e secretario do Organismo Autónomo Vigo-Zoo, se coincidise en día non hábil o de apertura de proposicións, ou, se por causas de forza maior, non puidera celebrarse, esta terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos que se orixinen da publicación dos anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 5 de xuño de 2001.

Amador Fernández Fernández

Presidente do Organismo Autónomo Vigo-Zoo