Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 22 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador S-7/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícase á cafetería restaurante A Cella (Miguel Ángel Geada Arca) a resolución do delegado provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, do 8 de maio de 2001, despois de terse intentado a notificación no último domicilio coñecido sen resultado positivo.

O correspondente expediente figura ó dispor do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, con domicilio no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Ronda da Muralla nº 70 baixo 2º.

A sanción imposta, o prazo de ingreso e o procedemento de pagamento figuran no anexo seguinte

ANEXO

Expediente: S-7/2001.

1. Denunciado: Cafetería Restaurante A Cella (Miguel Ángel Geada Arca) DNI: 33.304.413.

2. Último domicilio coñecido: avda. de Magoi nº 106-108, 27002 Lugo.

3. Feitos imputados: como consecuencia do labor inspector e de control das condicións sanitarias dos establecementos dedicados a restauración colectiva que teñen atribuído os Servicios Veterinarios Oficiais de Saúde Pública, procedeuse á inspección do establecemento denominado cafetería restaurante A Cella (Miguel Ángel Geada Arca), con domicilio na avda. de Magoi nº 106-108, 27002 Lugo, levantando as actas de inspección serie A-I nº 120045 do 11 de setembro de 1999, serie A-I nº 197818 do 3 de xullo de 2000, serie A-I nº 220045 do 7 de novembro de 2000, serie A-I nº 226312 do 10 de xaneiro de 2001 e serie A-I nº 233152 do 16 de xaneiro de 2001, nas que se constataron as seguintes irregularidades:

-Ausencia de aparello contra insectos na cociña.

-Debe almacenar nun lugar illado os utensilios e productos de limpeza.

-Debe instalar unha vitrina na barra para protexe-los alimentos.

-O propietario ten o carné de manipulador de alimentos caducado.

Resultado das citadas inspeccións, a Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Lugo incoou expediente administrativo sancionador nº S-7/2001 mediante Resolución de 8 de maio de 2001, por infraccións das normas sanitarias e de hixiene aplicables ós comedores colectivos.

4. Preceptos infrinxidos: artigo 35.a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º.c) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; capítulo IX, puntos 2, 3 e 6 do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios; artigos 4.13º, 6.5º, 7.4º e 16.9º do Real decreto 2817/1983, do 27 de novembro, polo que se aproba a Regulamentación técnico-sanitaria dos comedores colectivos e artigo 4.1º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos.

5. Cualificación da infracción: de acordo co artigo 35 a)3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, debe calificarse como leve.

6. Sanción imposta: trinta mil pesetas (30.000 pesetas).

7. Prazo de ingreso: de conformidade co disposto no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, Regulamento xeral de recadación, do 20 de decembro, o dito prazo é o seguinte:

As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes deberanse pagar desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato día hábil posterior.

As sancións notificadas entre os días 16 e o derradeiro de cada mes deberanse pagar desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato día hábil posterior.

Se, non obstante, deixase transcorre-los prazos indicados, seralle esixido o ingreso en vía executiva.

8. Procedemento de pagamento: de acordo coa Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda, o pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria á Xunta de Galica, conta restrinxida da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, recadación de multas e sancións, con número de conta 01825947110010140179 da sucur

sal do BBV, Banco Bilbao Vizcaya, con domicilio en Santiago de Compostela.

9. Recurso procedente: en cumprimento dos artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado dispón do prazo dun mes, desde a publicación desta resolución, para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

Lugo, 22 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo