Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de constitución e o Regulamento de funcionamento da Comisión Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

O texto do III Acordo Nacional de Formación Continua foi subscrito con data de 19 de decembro de 2000 pola Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPEME), así como pola Unión Xeral de Traballadores (UGT), a Confedración Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), e de acordo co disposto no artigo 83.3º en relación co 90, punto 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e a Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais acordou ordena-la súa inscrición, rexistro e publicación por Resolución do 2 de febreiro de 2001 (BOE do 9 de febreiro). No seu artigo 19 prevese a constitución de comisións paritarias territoriais.

Visto o texto do acordo de constitución da Comisión Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia e o seu regulamento, subscrito o 29 de marzo de 2001 pola organización empresarial CEF e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG.

Na súa virtude, e de conformidade coas disposicións anteriormente citadas e de acordo co sinalado no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito e rexistro da acta de constitución da Comisión Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia, e o seu regulamento, e remitirlle copia del á Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Acta de constitución da Comisión Paritaria Territorial da Formación Continua de Galicia da Comunidade Autónoma de Galicia.

En Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001, reunidas as persoas que se relacionan a seguir:

Pola CEG:

Fausto Santamaría Fernández

Por UGT:

José Tomé Roca

Por CC.OO.:

Florentino García Solla.

Por CIG:

Serafín Otero Fernández

E co obxecto de constituí-la Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, en cumprimento do III acordo nacional de Formación Continua, acordo acadado, dunha parte, por CEDE e CEPEME na súa condición de organizacións empresariais máis representativas de carácter estatal e, doutra, por CC.OO. e UGT como organizacións sindicais máis representativas de carácter estatal e CIG na súa calidade de organización sindical máis representantiva de carácter autonómico subscrito o 19 de decembro de 2000 adoptan os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.-Que ó amparo do establecido no artigo 19 do III Acordo Nacional de Formación Continua de 19 de decembro asinado polas organizacións empresariais CEOE e CEPEME, e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes anteriormente citadas para os efectos oportunos, con capacidade negociadora suficiente na Comunidade Autónoma de Galicia, acordan a constitución da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, co obxecto de contribuír ós fins do III Acordo Nacional de Formación Continua.

Segundo.-Comunicar á Comisión Mixta Estatal de Formación Continua a constitución da Comisión Paritaria Territorial de Galicia para o desenvolvemento do III Acordo Nacional de Formación Continua no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Aproba-lo Regulamento de funcionamento desta comisión paritaria, anexo a esta acta.

Cuarto.-Designar como presidente da Comisión Paritaria Territorial de Galicia a Fausto Santamaría Fernández, de acordo co artigo 4 do Regulamento de funcionamento desta comisión paritaria.

Quinto.-Designar como secretario da Comisión Paritaria Territorial de Galicia a Daniel Bernárdez Cancelas (CIG), de acordo co artigo 5 do Regulamento de funcionamento desta comisión paritaria.

Sexto.-Designar como vocais da Comisión Paritaria Territorial de Galicia, conforme o artigo 6 do Regulamento de funcionamento desta comisión a:

Titulares:-Fausto Santamarina Fernández (CEG).-María José Fernández Robledo (CEG).-Ricardo Fernández Castro (CEG).-José Tomé Roca (UGT).-Eusebio Justo Santos (CC.OO.).-Daniel Bernárdez Cancelas (CIG).

Suplentes:-Rosa Corral Regueiro (CEG).-Alberto Domínguez López (CEG).

-Rolando Rodríguez López (CEG).-Rosa Arcos Caamaño (UGT).-Florentino García Solla (CC.OO.).-Serafín Otero Fernández (CIG).

Sétimo.-As partes asinantes remitirán o presente acordo á autoridade laboral competente para o seu rexistro e publicación. Igualmente, remitirano á Comisión Mixta Estatal de Formación Continua para os efectos oportunos.

Oitavo.-Os presentes acordos entrarán en vigor ó día seguinte da súa firma e concluirán a súa vixencia o 31 de decembro de 2004. Non obstante, as partes poderán de común acordo estima-la prórroga do mesmo antes da súa expiración sempre e cando se producira previamente a prórroga do III ANFC.