Examinado o expediente presentado polo centro privado ICA de Vigo, solicitando autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite.
Resultando que os ditos ciclos formativos de grao superior xa contan con autorización segundo a Orde do 11 de outubro de 1999 (DOG do 29 de outubro) para impartirse en quenda de mañá.
Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas
de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.
Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado,
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo centro privado ICA de Vigo (Pontevedra) para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda tarde-noite, segundo se especifica no anexo desta orde.
Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.
Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2001.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Enderezo: c/ Portela, nº 12.
Código do centro: 36024082.
Denominación: ICA.
Titular: Mª Carmen Martínez Sánchez e José Ramón López Vázquez.
Composición resultante:
Quendas de mañá e tarde-noite:
Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).