Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 5 de xullo de 2001 pola que se somete ó trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa para a modificación das características da concesión dun aproveitamento de augas para a producción de enerxía eléctrica no río das Abellas, así como o proxecto técnico e o documento de avaliación ambiental. (Clave 5/244/36).

Cesáreo Sánchez Alonso, en representación da sociedade Hidroeléctrica de Lalín, S.L., solicitou ante o organismo autónomo Augas de Galicia autorización administrativa para a modificación das características dunha concesión hidroeléctrica no río das Abellas no concello de Lalín (Pontevedra), outorgada por resolución da Dirección Xeral de Obras Hidráulicas do Ministerio de Obras Públicas do 23 de xullo de 1948 a Natalio Cumplido Fernández, sendo o titular actual a sociedade Hidroeléctrica de Lalín, S.L., por virtude de resolución do presidente de Augas de Galicia do 20 de xaneiro de 2000.

Xunto coa solicitude achegouse o proxecto que define as obras e instalacións, así como o estudio de efectos ambientais correspondente.

No anexo que se inclúe ó final deste anuncio transcríbense os datos e circunstancias máis relevantes que definen a modificación da concesión e unha breve descrición das obras e instalacións proxectadas.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e no artigo 2 do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea ó trámite de información pública a solicitude de modificación e a documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento), persoalmente ou por medio de representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia, praza Camilo Díaz Valiño

7-9, 15781, Santiago de Compostela e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da última das publicacións que corresponden facer desta no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Lalín.

Os que se consideren interesados terán á súa disposición copia da petición e do exemplar do proxecto constructivo, para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas :

-Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia. Demarcación centro: praza Camilo Díaz Valiño, s/n (estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente: rúa dos Feáns, 1-3; 15706 Santiago de Compostela.

-Concello de Lalín: praza do Concello-36500 Lalín. Pontevedra.

Do mesmo xeito, estará á disposición dos interesados a documentación ambiental (estudio de efectos ambientais) nos organismos que a continuación se relacionan:

-Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia. Demarcación centro: praza Camilo Díaz Valiño, s/n (estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente: rúa dos Feáns, 1-3; 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra: rúa Nova de Abaixo, 2, 36071, Pontevedra.

-Concello de Lalín, praza do Concello. 36500 Lalín-Pontevedra.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2001.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Descrición das obras proxectadas na modificación.

Denominación: proxecto de ampliación de caudal no aproveitamento hidroeléctrico do río das Abellas. Central hidroeléctrica de Castelo.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica

Caudal ampliado: 1.500 l/s.

Caudal total concesión: 1.800 l/s.

Cota normal do encoro: 439,53 m.

Cota do leito do río na sección de restitución: 391,52 m.

Lonxitude ocupada de río: 720 m.

Potencia total instalada: 691 Kw.

Concello afectado: Lalín (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Na dita ampliación tódalas instalacións de obra civil (azude, canle de derivación, cámara de carga, tubaxe forzada e casa de máquinas) están xa construídas. Do mesmo xeito, a maior parte das instalacións mecánicas e eléctricas non deberán ser substituídas (reixa, comportas, válvulas, aparellos eléctricos, etc.) por atoparse xa adaptadas á nova situación.

Os únicos elementos obxecto de modificación son:

1. Equipos electromecánicos: unha turbina Francis horizontal de 691 Kw de potencia, para un caudal nominal de 1.800 l/s e un salto neto de 45 m; unha unidade de alternador asíncrono trifásico de 863 kVA, de 380 V de tensión e de velocidade nominal 1.000 rpm; e un transformador cunha relación 0,38/20 kV de 850 kVA de potencia.

2. Obras de mellora ambiental: escala de peixes e reforma da obra de saída da canle de restitución.