Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2001 pola que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Mendo, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/12/125.

No organismo autónomo Augas de Galicia presentense a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Mendo, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito Real decreto 916/1985, segundo a redacción establecida polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas

as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, coiden e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral de Augas de Galicia-praza Camilo Díaz Valiño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da última das publicacións que corresponden facer desta resolución no DOG e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Betanzos (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

-Servicios centrais do departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza Camilo Díaz Valiño (estación de autobuses) 15781 Santiago de Compostela.

-Delegación provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edifificios administrativos Monelos-praza de Luís Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

Estudio de efectos ambientais do proxecto:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3 - 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: edificio administrativos Monelos-praza de Luís Seoane, 5ª planta, 15008 A Coruña.

-Concello de Betanzos: praza da Constitución,1, 15300 Betanzos (A Coruña).

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Alberto Gómez Díaz.

Enderezo: r/ Ramón Cabanillas, 2-2º D, 15300 Betanzos, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: C.H. do Martinete.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 5.000 1/sg do río Mendo.

Corrente de derivación: río Mendo (cota normal de encoro: 26,2).

Corrente de restitución: río Mendo (cota de finalización: 11).

Desnivel (salto bruto): 15,2 m.

altura do azude: 2,5 m (altura sobre o leito do río).

Potencia xerador: 600 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Betanzos (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade de planta recta e altura de 2,5 m sobre fondo do río. A coroación, de cota 26,2 m e lonxitude 12 m, actuará como labio vertente en toda a súa lonxitude.

Na marxe dereita do azude situado no río Mendo construirase un decantador-sedimentador, do que parte a tubaxe forzada. No azude construirase unha escala de peixes no estribo esquerdo.

Cámara de sedimentación e tubaxe forzada:

A cámara de sedimentación, situada no estribo dereito do azude, disporá de flotador, reixas de protección, limparreixas e comporta de peche, e desde aquí parte a tubaxe forzada.

A tubaxe forzada será de aceiro ó carbono e discorrerá soterrada ó longo de toda a súa lonxitude. Desde o zaude parte unha tubaxe de diámetro interior de 1.800 mm e 312 m de lonxitude total ata chegar ó edificio da central, dos cales 80 m irán soterrados en gabia e 232 m discorrerán a través dun túnel escavado con toupa.

Central:

A central estará situada na marxe dereita do río nun edificio para albergar tódolos equipos electromecánicos, con dimensións en planta 10x7 metros.

Equipos electromecánicos:

A turbina será do tipo Kaplan de eixe vertical, cunha velocidade de 750 rpm para un caudal de 5.000 1/s e 15 m de salto neto. O alternador será síncrono, cunha potencia de 600 kVA, unha tensión de 0,38 kV e unha frecuencia de 50 Hz. Completa o equi

pamento un transformador de potencia de 1.000 kVA. Ademais, instalaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectúa a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.