Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a traza da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Francos, San Cibrao e Vilar, no concello de Baralla, e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 33/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a traza das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se refiren a continuación:

Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Finalidade: mellora-la calidade da subministración eléctrica.

Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a C.T. de Laxes e final no C.T. proxectado de Francos

de 1.121 m de lonxitude a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Francos de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Francos de 1.015 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e, no que non opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto e os seus anexos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito, que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 11 de xuño de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 33/1999Provincia: Lugo

L.M.T., C.T., R.B.T. Francos, S. Cibrao e VilarTermo municipal: Baralla

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CortiñasLabradíoJesús López FernándezLaxes, 6

27686 Baralla (Lugo)

24

2CortiñasLabradíoJusto Allán VázquezLaxes, 1

27686 Baralla (Lugo)

28280

2/1CortiñasLabradíoAngel Díaz CaldeiroLaxes, 3

27686 Baralla (Lugo)

16160

3Prado de RibaLabradíoJesús López FernándezLaxes, 6

27686 Baralla (Lugo)

63630

4Prado de RibaLabradíoPilar Sánchez TallónR/ Castrogeriz, 22, 3º F

28025 Madrid

10100

5Prado de RibaLabradíoJusto Allán VázquezLaxes, 1

27686 Baralla (Lugo)

10100

6Igrexario-CortiñaPradoPilar Méndez RodríguezLaxes, 4

27686 Baralla (Lugo)

222002.000

6aCortiñaArboredaPilar Méndez RodríguezLaxes, 4

27686 Baralla (Lugo)

24

7CortiñaPradoJusto Allán VázquezLaxes, 1

27686 Baralla (Lugo)

3265650

9CortiñaPrado e laborRogelio Fernández PérezQuintela, 8

27258 Baralla (Lugo)

66660

10CortiñaPradoJesús López FernándezLaxes, 6

27686 Baralla (Lugo)

421631.630

11LangoeirosPradoJosé López FernándezLaxes, 2

27686 Baralla (Lugo)

28280

12LangoeirosPradoRogelio Fernández PérezQuintela, 8

27258 Baralla (Lugo)

20200

14LangoeirosPrado e monte altoJesús López FernándezLaxes, 6

27686 Baralla (Lugo)

5234340

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

15VeigasPradoÁngel Díaz CaldeiroLaxes, 3

27686 Baralla (Lugo)

70690

16VeigasPradoJesús López FernándezLaxes, 6

27686 Baralla (Lugo)

220

17VeigasPradoJusto Fernández VázquezLaxes, 1

27686 Baralla (Lugo)

26260

18VeigasMonte altoÁngel Díaz CaldeiroLaxes, 3

27686 Baralla (Lugo)

19270