Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/67-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e C. seccionamento e R.B.T. saída Tui-Atios-Manteigada.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 170 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde

un apoio metálico da L.M.T.A. ATI 7.10, ata un apoio proxectado tipo HVH-3500/13. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 530 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o final da liña aérea anterior alimentando en bucle o C. de seccionamento proxectado Magnolia e o C.T. proxectado Seat na zona de Manteigada, rematando nun apoio existente tipo 4500/16. L.M.T., subterránea, de 65 m, desde o C. de seccionamento Magnolia ata empalmar coa L.M.T.S. existente ó C.T. Magnolia. C.T. de 160 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V denominado Seat en Manteigada. C. seccionamento Magnolia con tres celas de liña. R.B.T., subterránea, de 45 m, con conductor tipo R.V. Concello de Tui.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 4 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra