Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de xuño de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01863-O-2000 e cinco máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo, (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase o seu cobramento por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modi

ficada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 7 de xuño de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-01863-O-2000

PO-6539-AG

G.C. de Tráfico

Galimotor, S.A.

Estr. de Vigo-Vincios, km 8

36380 Gondomar (Pontevedra)

Circular transportando 4 toldos de camión e madeira, carecendo da autorización administrativa. Servicio privado complementario.

4-7-2000; 8.45; N-552; 2

Art. 103 Lei 16/1987

e art. 158 do R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.
PO-01876-O-2000

PO-9019-AK

G.C. de Tráfico

Ramón Enríquez Couceiro

Pizarro, 17, 6º A

36205 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando unha carga de lambetadas (caramelos, chicles...) carecendo da autorización administrativa de transportes. Carece dos distintivos de raio de acción. Servicio privado complementario.

11-7-2000; 11.05; A-52; 290

Art. 103 Lei 16/1987

e art. 158 do R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.
PO-02003-O-2000

V-3247-FG

G.C. de Tráfico

Hashem Ms Ghanayem

Rúa Antonio Puga, 14

32002 Ourense

Circular transportando calzado (zapatillas deportivas, de baño, etc.), carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

13-9-2000; 10.05; N-550; 172.300

Art. 103 Lei 16/1987

e art. 158 do R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.
PO-02229-O-2000

SE-4527-BX

G.C. de Tráfico

Ruiz Morato, S.L.

Camiño do Faro, s/n

36626 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Realizar un transporte privado de mecadorías (10 kg de ameixa italiana, 50 kg de carril, 42 kg de berberecho e 15 kg de mexillón), carecendo da tarxeta de transportes. Circular carecendo do certificado para o transporte de mercadorías perecedoiras. Servicio privado.

1-9-2000; 9.35; A-9; 101.200

Art. 103 Lei 16/1987

e art. 158 do R.D. 1211/1990. Art. 7 do R.D. 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)

Art. 143 Lei

16/1987, 201

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.
PO-02662-O-2000

PO-5399-BH

G.C. de Tráfico

Vigo Asistencia, S.L.

Coutadas, 151

36207 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando unha furgoneta desde Coia (Vigo) a Santo André de Comesaña, non leva ningún distintivo de raio de acción. Servicio público.

23-10-2000; 18.10; C-550; 131,500

O.M. 25 de outubro de

1990

Art. 143 Lei

16/1987, 201

R.D. 1211/1990

15.000 ptas.
PO-02874-O-2000

PO-1304-AS

G.C. de Tráfico

Mocalva, S.L.

Vía Norte, 9

36204 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando escaleiras metálicas e material para o pegado de publicidad, carecendo de tódolos distintivos. Servicio privado.

23-11-2000; 9.25; N-550; 125

O.M. 25 de outubro de

1990 (BOE do 30)

Art. 143 Lei

16/1987, 201

R.D. 1211/1990

15.000 ptas.