Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan Especial do sistema xeral C-1 Cemiterio de Boisaca 1ª fase, unidade de xestión UX-1, no Concello de Santiago de Compostela.

Antecedentes.

1º. O Concello de Santiago de Compostela remite o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do Plan Especial do Sistema Xeral C-1 Cemiterio de Boisaca 1ª fase, Unidade de Xestión UX-1, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2º. O Concello de Santiago de Compostela, en sesión plenaria do día 26 de outubro de 2000 acordou aproba-lo proxecto técnico de expropiación para a execución do Plan Especial do Sistema Xeral C-1 (tanatorio) e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no xornal El Correo Gallego de data 22 de outubro de 2000 e no DOG de data 15 de decembro de 2000.

3º. A taxación foilles notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

4º. O Concello de Santiago de Compostela emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da LSG, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997 (LSG):

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto á situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Terceiro.-No Concello de Santiago de Compostela está vixente o Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado o 20 de xullo de 1994.

Con data 5 de marzo de 1999 aprobouse definitivamente o plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral C-1, Cemiterio de Boisaca, o que dá lexitimidade á expropiación, dado que no punto 4.11 do citado plan especial prevese como sistema de actuación, para unidade de execución número 1 (U-1), unidade de execución tanatorio, o de expropiación.

Á vista do dito e de acordo co establecido no artigo 54 da LSG en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV) resulta acreditada a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Cuarto.-No Plan Xeral de Ordenación Urbana o terreo obxecto de expropiación non está clasificado sendo a súa cualificación a de sistema xeral de equipamentos, coa denominación C-1 Boisaca.

O concello utilizou como criterios de valoración os do artigo 26 da LRSV que regula o solo non urbanizable, aplicando o método de comparación a partir de valores de predios análogos.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo (LSG), a Lei 6/1998, do 13 de abril, LRSV, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan Especial do Sistema Xeral C-1 Cemiterio de Boisaca 1ª fase, Unidade de Xestión UX-1, no Concello de Santiago de Compostela, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, LSG, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación ás mesmas que obran no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6º, 7º e 8º do artigo 52

da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó concello e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da LSG, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Nº predio: 7.

Propietario: Tanatorio Boisaca, S.L.

Superficie m: 8.955.

Valoración pesetas: 35.820.000 pesetas.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta,

non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo (artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no número 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da LSG.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo