Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 20 de xullo de 2001, da División de Recursos Humanos, polo que se fai pública a convocatoria do 12 de xullo de 2001 pola que se convocan para vinculación temporal no réxime estatutario, mediante nomeamento de obra ou servicio polo período dun ano prorrogable ata tres anos, na categoría de técnico superior, para cubrir tres postos de traballo de avaliación de tecnoloxías.

A devandita resolución pola que se formaliza a citada convocatoria será exposta na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde e das direccións provinciais e institucións sanitarias do dito organismo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos