Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 23 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións provisionais do baremo aberto en xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 18 de xuño) para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de música e artes escénicas.

Segundo o anuncio do 7 de xuño de 2001 (DOG do 18) abriuse un prazo para solicitar prazas para posibles interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de música e artes escénicas. Rematado o prazo de presentanción de instancias e asignada a puntuación correspondente ós aspirantes pola comisión cómpre darlle publicidade.

Por iso, para que as devanditas puntuacións provisionis poidan ser coñecidas por todas aquelas persoas interesadas procédese a súa publicación a partir do próximo luns día 30 de xullo de 2001 na Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais.

Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal