Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, para a xestión, explotación e mantemento do complexo deportivo no Monte Costa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: xestión, explotación e mantemento do complexo deportivo no Monte Costa.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: 20 anos, prorrogables ata un máximo de 25.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Canon: mínimo de 8.000.000 de pesetas/ano (48.080,97 euros/ano).

7. Fianza definitiva: 20.000.000 de pesetas (120.202,42 euros).

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12-Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189-Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

d) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite obtención documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 13 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 22-10-1999;

BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía y Facenda,

Patrimonio e Contratación