Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 26 de xullo de 2001 Páx. 10.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 12 de xullo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter inicial proxecto de urbanización do ámbito do PP de Cordeda, 2ª fase, promovido pola xunta de compensación e redactado polo arquitecto Rafael Pier Romero co anexo ó documento inicialmente presentado no que se corrixen determinadas deficiencias sinaladas polos técnicos municipais.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 13 de xullo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo