Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/63-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Paraízas.

Situación: A Pobra de Trives.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 550 m en conductor LA-56 sobre apoios de formigón derivada desde o apoio nº 19 da L.M.T. A Pobra de Trives-San Cristovo, remata no C.T. existente en Paraízas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 6 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense