Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/64-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., e C.D. componentes aeronáuticos.

Situación: polígono industrial San Cibrao das Viñas (San Cibrao das Viñas).

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea de 45 m en conductor R.H.Z. 12/20, coa orixe na cela de liña do C.T. 5-parque tecnolóxico e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Coren logo de pasar polo centro de distribución da empresa componentes aeronáuticos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense