Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.144

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión permanente de selección de persoal funcionario, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de enxeñeiros agrónomos, lista B.

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 6 de xuño de 2001 pola que se publicaban as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de enxeñeiros agrónomos, lista B, e vistas pola comisión permanente de selección de persoal funcionario, na correspondente sesión, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos e emendaron a causa de exclusión en tempo e forma ou ben non figuraban nas listas provisionais.

Segundo.-Os solicitantes relacionados no citado anexo estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.755 pesetas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada nos anexos ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8TOTAL(*)

5.378.269AMADOR MAGAÑA, JESUS FRANCISCO0,4000,400

7.237.391BARQUERO PENAS, Mª PATRICIA0.4000,400

33.327.411CANCELA BARRIO, JAVIER J.0,8000,7501,550

11.950.598CORTES REDIN, Mª BEGOÑA1,4000,7502,150

32.782.005FARIÑA RODRIGUEZ, CARLOS0,4000,7501,150

17.216.604FERNANDEZ GES, Mª TERESA0,2000,200

76.707.320FERNANDEZ PORTAL, CESAR0,2000,7500,950

7.565.106GARIJO ALONSO, JOSÉ0,2000,0300,030

7.511.669MARTINEZ-ABARCA CARRETERO, Mª DOLORES0,0200,020

40.897.847NADAL PONT, Mª LOURDES0,2000,200

52.451.456NIETO MANEIRO,JOSE CARLOS0,000

35.460.675REGUEIRO MARTINEZ, JOSE MANUEL0,7500,750

2.906.864RIVEIRO LEIRA, MANUEL0,7500,750

78.788.339VIDAL ARNEJO, IRENE1,9800,7502,730

33.321.865ZAPICO VIGO, JESUS0,8000,7501,550

(*) Aplicados os topes máximos por epígrafe do baremo (artigo 12.b do Decreto 89/1997)