Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.143

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de xuño de 2001 pola que se dá publicidade ó acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras da convocatoria de 20 bolsas de promoción exterior.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 131, do 6 de xullo de 2001, procede face-las seguintes correccións:

-Na páxina 9.131, base 2ª, punto 2.2., parágrafo primeiro, onde di:

«2.2. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias (superior ou media) na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: arquitectura, bioloxía, ciencias económicas e empresariais, dereito, física, enxeñería e química».

Debe dicir:

«2.2. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias (superior ou media) na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: arquitectura, bioloxía, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, dereito, física, enxeñería e química».

-Na páxina 9.136, anexo II, punto 13, onde di:

«... número de follas ou créditos do curso».

Debe dicir:

«... número de horas ou créditos do curso».