Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.131

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A adecuación do cadro de persoal dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ás súas necesidades de funcionamento, así como dos centros docentes existentes ó número de alumnos matriculados e á superficie deles, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xullo de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do doce de xullo de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Modificacións:

-No DOG nº 124, do 30-6-1998, na páxina 7.349, no centro de destino «IES IMAXE E SON (A CORUÑA)» o posto «ED.C99.40.201.15001.007. LIMPADOR/A», na columna Observacións suprímese «MEDIA XORNADA».

-No DOG nº 227, do 27-11-1995:

* Na páxina 8.773, no centro de destino «C.P. DE DUMBRÍA»:

* O posto «ED.C99.40.101.15330.001. OFICIAL 2ª COCIÑA», cambia de denominación pasando a ser «AXUDANTE DE COCIÑA», de grupo pasando a ser «V» e de categoría pasando a ser «1».

* No posto «ED.C99.40.101.15330.003. OFICIAL 2ª COCIÑA», na columna Observacións suprímese «RECONVERTIR A AXUDANTE DE COCIÑA».

* Na páxina 8.779, no centro de destino «IES Nº 1 (ORDES)», o posto «ED.C99.40.201.15580.007. LIMPADOR/A 1/2 XORNADA», cambia de denominación pasando a ser «LIMPADOR/A.»

* Na páxina 8.779, no centro de destino «IES DE ORTIGUEIRA», o posto «ED.C99.40.301.15600.009. LIMPADOR/A», na columna Observacións suprímese «MEDIA XORNADA.»

* Na páxina 8.780, no centro de destino «IES DE PONTECESO», o posto «ED.C99.40.301.15670.010. LIMPADOR/A 1/2 XOR

NADA», cambia de denominación pasando a ser «LIMPADOR/A».

* Na páxina 8.789, no centro de destino «CP VELEIRO-DOCAMPO (CASTRO DE REI)»:

* O posto «ED.C99.40.102.27100.001. OFICIAL 2ª COCIÑA», cambia de denominación pasando a ser «AXUDANTE DE COCIÑA», de grupo pasando a ser «V» e de categoría pasando a ser «1».

* No posto «ED.C99.40.102.27100.003. OFICIAL 2ª COCIÑA», na columna Observacións suprímese «RECONVERTIR A AXUDANTE DE COCIÑA».

* Na páxina 8.880, no centro de destino «IES DE ALLARIZ», o posto «ED.C99.40.301.32010.007. LIMPADOR/A 1/2 XORNADA», cambia de denominación pasando a ser «LIMPADOR/A».

-No DOG nº 227, do 27-11-1995, na páxina 8.801, modificado polo DOG nº 234, do 3-12-1997, páxina 11.647, no centro de destino «IES LAURO OLMO (O BARCO DE VALDEORRAS)», no posto «ED.C99.40.201.32090.009. LIMPADOR/A», na columna Observacións suprímese «INCLÚE LIMPEZA NO CEFOCOP».

-No DOG nº 124, do 30-6-1998, na páxina 7.349, no centro de destino «IES AS BARXAS (MOAÑA)», no posto «ED.C99.40.301.36290.010. LIMPADOR/A», na columna Observacións suprímese «MEDIA XORNADA».