Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.110

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de xullo de 2001 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Museo de Artes del Grabado a la Estampa Digital.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Museo de Artes del Grabado a la Estampa Digital con domicilio en Ribeira (A Coruña).

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Madrid, o día vintedous de xaneiro de 2001, ante o notario Julián María Rubio de Villanueva, co número cento dez do seu protocolo por Francisco Javier Expósito Paradela, José Manuel Matilla Rodríguez, Juan Antonio Carrete Parrondo e Javier de Blas Benito; intervén o primeiro en nome e representación da compañía mercantil Promoción Rural Artes, S.A. e os restantes no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é:

-O desenvolvemento e execución de proxectos ou programas de investigación, estudios, formación, perfeccionamento e cooperación no ámbito do arte gráfica e en xeral das artes.

-A promoción da actividade da arte gráfica e o do seu desenvolvemento.

-A realización ou financiamento de estudios de modernización ou de implantación de novas tecnoloxías.

-A confección de estudios comparativos e de desenvolvemento da arte gráfica.

-O fomento das exposcións e conferencias.

-Creación de cursos impartidos por profesionais cualificados orientados tanto no campo universitario como á formación profesional.

-Establecer seminarios, coloquios e congresos, donde se dan cita prestixiosos estudiosos.

-Establecer un programa informático de consultas en base ó catálogo dos fondos de estampas orientado ós estudiosos en xeral e universitarios en particulor. A fundación determinará o proceso deste arquivo de consultas e as condicións para o seu uso.

-E calquera outro que sirva para dar a coñecer e potenciar-lo mundo da arte gráfica en xeral.

4. O padroado da fundación estará integrado por José Manuel Matilla Rodríguez, Juan Antonio Carrete Parrondo, Javier de Blas Benito, Jesús Pérez Varela e Aurelio Miras Portugal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Museo de Artes del Grabado a la Estampa Digital, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de intese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcio

namento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulameto de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 17 de xullo de 2001.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Museo de Artes del Grabado a la Estampa Digital adscribíndoa á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública