Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.104

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

SUBMINISTRACIÓN de diverso equipamento para a realización de controis de calidade.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición de diverso equipamento para a realización de controis de calidade para a súa Unidade Técnica de Protección Radiolóxica, sita no Instituto.

Nº expediente: UTPR/001/01.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do Instituto, praza de Europa 5A-6ºB, Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Teléfono: 981 57 76 50.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o 9 de agosto ás 12 horas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2001.

Xulio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica