Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

116 P.O.S. 2001 Carbelledo.-Da Barrela por Esmoriz á EC-533, alargamento e mellora p.q. 3, 10-4, 1016.000.0006 mesesNon se esixe

118 P.O.S. 2001 Cervantes.-Liber-San Román, alargamento e mellora30.000.0006 mesesGrupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

119 P.O.S. 2001 Guntín.-Cinto comarcal tramo Lousada-San Román. Reforzo firme, p.q. 3,550-4; 6,500-7,400; 13,750-15,10025.000.0003 mesesGrupo G)

Subgrupo 6)

Categoría d)

122 P.O.S. 2001 Outerio de Rei.-De Ramil por Martul á E.P. Ombreiro-Aspai, rexeneración p.q. 0,50-3,5010.000.0003 mesesNon se esixe

123 P.O.S. 2001 Paradela.-De Pacios por Mosterio Vello á E.L.-LU-611 rexeneración p.q. 8,20-11,5010.000.0003 mesesNon se esixe

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

147 P.O.L. 2001 As Nogais.-Saneamento das parroquias de Nullán e Torés10.000.0004 mesesNon se esixe

165 P.O.L. 2001 Meira.-Recuperación ambiental e paisaxística Río Miño (Río Meira) de ponte N-640 á Ponte dos Pasos10.000.0006 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianza deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xetal, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de poderes farase especificamentes para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 11 de xulio de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo