Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección das obras de remodelación do servicio de pediatría, UCI pediátrica, prematuros e preescolares no Hospital Xeral de Lugo.

-Obxeto: redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra.

-Obra: remodelación do servicio de pediatría, UCI pediátrica, prematuros e preescolares no Hospital Xeral de Lugo.

-Orzamento da contrata: 5.846.400 pesetas, equivalentes a 35.137,57 euros.

-Prazo de execución: 4 meses.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado polo mesmo, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2001.

P.D. (Decreto 49/1998 do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos