Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación dunha asistencia técnica para a revisión de expedientes Pemes para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación dunha asistencia técnica para a revisión de expedientes Pemes para o Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo San Lázaro

s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 11/2001.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para a revisión de expedientes Pemes na Área de Financiamento do Igape.

3. Prazo de execución e vixencia: os prazos de adxudicación serán os establecidos na oferta técnica do adxudicatario. O contrato terá vixencia ata o 30 de novembro de 2001.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

5. Orzamento máximo de licitación: 19.720.000 pese-

tas (dezanove millóns setecentas vinte mil pesetas),

IVE e gastos incluídos; equivalentes a 118.519,59 euros.

6. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.(394.400 pesetas).

7. Clasificación: non se esixe.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina WEB: www.xunta.es/contratación.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

9. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo día natural seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentarase no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

10. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte da apertura da documentación administrativa e técnica procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidiren en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó día hábil seguinte.

11 Variantes: non se admiten.

12. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Intituto Galego de Promoción Económica