Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 25 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores 164/2001 e tres máis incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (artigo 59 da Lei de procedemento administrativo de 1992) pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións na orde social.

Fáiselle saber ós interesados que poden formular recurso de alzada por conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta na conta de recadación de multas e sancións nº 04045001063-3 de Caixavigo, oficina Praza Berbés de Vigo, xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 25 de xuño de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo, séguense os expedientes de sanción que de seguido se relacionan, referidos ás empresas que así mesmo se sinalan, sendo os seus encabezamentos e partes dispositivas do seguinte teor literal:

Preceptos

Empresa

Domicilio

Localidade

Número

expte.

Data resol.

deleg. prov.

InfrinxidosSancionad.Sanción

imposta

Monjodise, S.L.Avda. Buenos Aires, 20 B

36002 Pontevedra

164/01

42/01 (AI)

7-6-2001Arts. 3 a) e b), parte C do anexo IV do R.D. 1627/1997; arts. 185, 187 e 193 da ord. const.; art. 4 e 9 do anexo III do R.D. 773/1997; en rel. cos art. 14 e 17 da Lei 31/1995. Arts. 30, 31 e 37 da Lei 31/1995; arts. 10, 12, 13, 16, 20, 34, 35, 36 e 37, en rel. co ap. h) do anexo I e co anexo III e IV do R.D. 39/1997Arts. 47.16º f); 47.12º; 47.15º e 49.1º da Lei 31/1995700.000

Roconsa Moaña, S.L.Fragata Almansa-aptdo. 30 baixo

36950 Moaña

154/01

102/01

(AI)

11-6-2001Arts. 14.2º, 15.1º h) e 17.2º da Lei 31/1995, en rel. co art. 11.1º e anexo IV, parte C, ap. 3 do R.D. 1627/1997Arts. 45.1º, 47.16º f) e 49.1º da Lei 31/1995250.001

Hnos. Caride Benavides, S.L.Ramón Nieto, 437

Vigo

150/01

1573/00

(AI)

14-5-2001Arts. 5.3º, ap. 2, 3 e 11 da Lei 42/1997, en rel. co art. 7.1º do R.D. 138/2000Arts. 36.1º, 37.3º e 49.1º da Lei 8/1988250.001

ExconsaTomás A. Alonso, 28-1º A

Vigo

514/97 c

1156/97

(AI)

7-5-2001Art. 14 da Lei 31/1995; arts. 246, 250 e 251 da ord. lab. const.Arts. 47.16º e 49.1º da Lei 31/19950