Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 727/2000.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Exp. nº: 727/2000.

Acta nº: 894/2000.

Titular: Imaco, S.L. (II).

NIF/DNI: B-15.715.014.

Enderezo: A Xira, nº 9 Sigrás Cambre.

Materia: seguridade e hixiene.

Data Res.: 9-5-2001.

Sancion: 250.100 pesetas, responsable solidario da empresa principal Constr. y Reformas Ange, S.L. (I).

A Coruña, 26 de xuño de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña