Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a autorización pola que se outorga a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7066; XG-440, Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Redondela-Pontevedra, con anexo, por segregación de tráficos dentro da concesión V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (Rosal), con anexos.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 231 do 29 de novembro de 2000 é necesario efectua-las correccións oportunas.

Na páxina 15.900, na columna da dereita, onde di:«...Amoedo-Cepeda-Nespereira-Alto dos Valos-Redondela (13,8 km)

-Tres expedicións de ida e volta de luns a veres laborables», debe dicir: «Amoedo-Cepeda-Nespereira-Alto dos Valos-Redondela (13,8 km)

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables».