Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001 pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas, por concurso público aberto, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro de subvencións concedidas pola Comunidade Autónoma.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación de asistencias técnicas, por concurso público aberto, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro de subvencións concedidas pola Comunidade Autónoma.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Economía e Facenda.

2. Obxecto dos contratos.

Descrición: realización de revisións de control financeiro de acordo co detalle seguinte:

ConcursosEntidadesPrazo de execución

(En días naturais)

Importe

PesetasEuros

Concurso 1Revisión de subvencións FSE P.O. nº 94.0129.ES formación profesional educacional45 días4.300.00025.843,52

Concurso 2Revisión subvencións Feoga-orientación e iniciativa comunitaria Proder45 días4.100.00024.641,50

Concurso 3Revisión subvencións Igape70 días6.250.00037.563,26

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

O orzamento máximo de licitación é o que está detallado no cadro que figura no punto 2. Os importes entenderanse en pesetas co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido para cada contrato.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación de cada contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Consellería e Economía e Facenda. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

b) Domicilio: edificio administrativo nº 3 San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15705.

d) Teléfono: 981 54 41 79.

e) Telefax: 981 54 41 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do día 7 de setembro de 2001, na Sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, en San Caetano (Santiago de Compostela).

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda