Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.946

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres.

O punto 34 da Orde do 8 de marzo de 2001, pola que se convoca procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Orde

nación Universitaria. Realizada esta baremeción e resoltas as reclamcións, de acordo co establecido no punto 46 da citada orde, procede a súa publicación.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día 24 de xullo de 2001, as puntuacións definitivas do baremo establecido na Orde do 8 de marzo de 2001.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá interpoñerse, no prazo dun mes, recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal