Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.939

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 9 de xullo de 2001 pola que se aproban as bases que rexen as convocatorias de bolsas de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias, e bolsas de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria, para centros de investigación dependentes do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento de Galicia, dentro dos programas tecnolóxicos sectoriais, inclúe o Programa de Investigación Agraria, que ten como obxectivo xeral mellora-la productividade do sector agropecuario ó longo de toda a súa cadea, tendo en conta as características do medio rural galego.

A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, a través do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria e os seus centros dependentes.

Precisamente o bo desenvolvemento destes centros e a facilidade que brinda a súa existencia reclama a súa participación na formación inesquecible de novos especialistas e técnicos investigadores e, ó mesmo tempo, supón unha facilidade moi axeitada para o seu aproveitamento na formación in situ daqueles.

Coa finalidade de que os titulados nas ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias adquiran maiores coñecementos en temas propios dos seus estudios que lles potencie a súa cualificación profesional, establécese unha liña de axuda económica en forma de bolsas (capítulo I).

Ademais, coa finalidade de cubrir e promove-las actividades de formación e prácticas a exercer por titulados superiores, e en vista da súa necesidade no eido da investigación agraria, establécese outra liña de axuda económica en forma de bolsas (capítulo II).

En consecuencia, no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e os artigos 1 e 3 do Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro, modificado polo Decreto 69/1999, do 18 de marzo, e polo Decreto 180/2000, do 22 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto:

1. Aproba-las bases que rexerán as convocatorias de bolsas de formación para a especialización en investigación e tecnoloxía agrarias nos centros de investigación dependentes do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria.

2. Convocar, de acordo coas ditas bases, 3 bolsas cunha dotación de 100.000 pesetas mensuais, para formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos for

mativos de grao medio, superior ou equivalente en especialidades agrarias (capítulo I).

3. Convocar, de acordo coas ditas bases, 3 bolsas cunha dotación de 125.000 pesetas mensuais, de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria (capítulo II).

Artigo 2º.-Marco normativo.

Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), e ás leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Artigo 3º.-Resolución.

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de seis meses, contados a partir do día seguinte á data de publicación.

No caso de non mediar resolución expresa no dito prazo, as solicitudes deberán entenderse estimadas.

Contra a resolución de concesión destas bolsas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Impugnación de convocatoria.

Esta convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 5º.-Obriga de facilitar información e reintegro.

Os beneficiarios destas bolsas obríganse a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Así mesmo, quedan obrigados ó reintegro total ou parcial da bolsa percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 6º.-Financiamento.

Esta convocatoria financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.432A.480.0 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Ga-

licia de 2001, por un importe total de 3.450.000

pesetas, incluída a contratación dunha póliza de se-

guro colectivo de accidentes e responsabilidade ci-

vil, que cubrirá os riscos dos bolseiros.

Artigo 7º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Capítulo I

Bolsas para formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes nas especialidades agrarias.

Artigo 8º.-Tipos de bolsas.

Convócanse tres bolsas dun ano de duración, prorrogables por anualidades ata un máximo de 3 anos, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan, distribuídas da seguinte forma:

a) Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, (Abegondo-A Coruña)

-Un técnico especialista en calquera das ramas da familia profesional química ou industrias alimentarias en prácticas de laboratorio de análises.

-Un técnico especialista en calquera das ramas da familia profesional xestión e organización de empresas agropecuarias ou explotacións agrícolas ou agrarias intensivas en prácticas de explotacións.

b) Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, (Leiro-Ourense)

-Un técnico especialista en calquera das ramas da familia profesional de xestión e organización de empresas agropecuarias ou explotacións agrícolas ou agrarias intensivas en prácticas de explotacións.

Artigo 9º.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar a estas bolsas os titulados de formación profesional que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter realizados os correspondentes estudios nun centro radicado en Galicia nalgunha das especialidades ou ciclos citados no parágrafo anterior.

b) Ter rematados os ditos estudios no ano 1998 ou en data posterior.

c) Non ter desfrutado destas bolsas ou doutras similares en anteriores convocatorias, durante un período de máis dun ano.

Artigo 10º.-Contía da bolsa.

O importe destas bolsas será de 100.000 pesetas mensuais cada unha, ó que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Artigo 11º.-Período de desfrute.

A duración das bolsas será de 12 meses, que poderá ser prorrogada automaticamente por un novo período de 12 meses, logo da presentación polos interesados, da seguinte documentación:

-Plan de traballo que realizará o bolseiro durante o período prorrogado.

-Informe favorable do titor no que se farán consta-las razóns xustificativas da prórroga, así como a relación das actividades realizadas polo bolseiro no período de desfrute da bolsa.

Artigo 12º.-Centros de realización.

As bolsas serán de realización nos centros seguintes:

-Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

-Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), en Leiro.

Artigo 13º.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial anexo III (que se publica como anexo desta orde), están ó dispor dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria e nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/cgita, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir acompañadas, inescusablemente, da seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

c) Certificación académica completa (orixinal ou fotocopia compulsada) e fotocopia compulsada do título correspondente ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Declaración xurada na que conste que non desfrutaron destas bolsas ou doutras similares durante un período superior a un ano.

e) Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin polas distintas administracións públicas competentes.

f) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o solicitante considere de interese en relación coa bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes remata ós 20 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O solicitante deberá sinalar coa solicitude a preferencia do destino que elixa

Artigo 14º.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural comprobará que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos nesta orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, nos Centros de Investigación de Mabegondo e Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, en Leiro, e na páxina web da consellería, podendo os interesados, durante o prazo de dez días, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase segundo o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 15º.-Selección de candidatos.

1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

2. Criterios xerais de selección.

A selección dos bolseiros farase tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Expediente académico, ata 4 puntos. Para efectos de cálculo da nota media non se computarán aquelas materias que consten no expediente académico do alumno como validadas.

b) Outros méritos: puntuación máxima 2 puntos. Só se valorarán os méritos acreditados documentalmente polo solicitante xunto coa súa solicitude.

Artigo 16º.-Resolución do concurso.

A comisión de selección elevará a proposta de resolución ó director xeral de Desenvolvemento Rural para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputan as bolsas e en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos.

Artigo 17º.-Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo, presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa ou axuda.

Artigo 18º.-Condicións de desfrute.

Dado o seu carácter formativo e de especialización, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa do beneficiario coa Xunta de Galicia ou co organismo ó que pertence o centro ó que se incorporan os bolseiros, aínda que si é necesaria a natural coordinación co horario, normas e disciplina do departamento ou centro de investigación onde realiza a súa formación; tampouco dará lugar á inclusión do bolseiro na Seguridade Social, ben que este quedará incluído nunha póliza colectiva de seguro de accidentes durante o período desta concesión.

Artigo 19º.-Incidencias.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas.

É incompatible o desfrute da bolsa coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas salvo co desfrute daquelas bolsas ou axudas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender técnicas de manexo de aparellos ou en relación con eles).

A ausencia inxustificada, o baixo interese e rendemento, o non cumprimento das normas de réxime interno, así como a non realización dos traballos propostos, serán causa de perda da bolsa.

Artigo 20º.-Renuncia.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o bolseiro presentará a correspondente solicitude fundamentada, podéndose cubri-la vacante producida polo período de desfrute restante co candidato suplente correspondente, de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión de selección.

Capítulo II

Bolsas de especialización para titulados superiores no eido da investigación agraria.

Artigo 21º.-Tipos de bolsas.

Convócanse tres bolsas dun ano de duración, prorrogables por anualidades ata un máximo de 3 anos, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan, distribuídas da seguinte forma:

a) Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, (Abegondo-A Coruña)

-Un titulado superior en enxeñería agronómica ou licenciado en bioloxía para a área de especialización de mellora de millos.

b) Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, (Leiro-Ourense)

-Un titulado superior en enxeñería agronómica para a área de especialización de Viticultura

-Un titulado superior en enxeñería agronómica ou licenciado en bioloxía para a área de especialización de enoloxía.

Artigo 22º.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar a estas bolsas os que posuíndo o título que se require cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter realizados os correspondentes estudios nun centro radicado en Galicia nalgunha das especialidades ou ciclos citados no parágrafo anterior.

b) Ter rematados os ditos estudios no ano 1998 ou en data posterior.

c) Non ter desfrutado destas bolsas ou doutras similares en anteriores convocatorias, durante un período de máis dun ano.

Artigo 23º.-Contía da bolsa.

O importe destas bolsas será de 125.000 pesetas mensuais cada unha, ó que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Artigo 24º.-Período de desfrute.

A duración das bolsas será de 12 meses e poderán ser prorrogadas automaticamente por un novo período de 12 meses, logo da presentación polos interesados, da seguinte documentación:

-Plan de traballo que realizará o bolseiro durante o período prorrogado.

-Informe favorable do titor no que se farán consta-las razóns xustificativas da prórroga, así como a relación das actividades realizadas polo bolseiro no período de desfrute da bolsa.

Artigo 25º.-Centros de realización.

As bolsas serán de realización nos centros seguintes:

-Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

-Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), en Leiro.

Artigo 26º.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial anexo IV (que se publica como anexo desta orde), están ó dispor dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria e nos enderezos http:// www.xunta.es/conselle/ag/servicios/cgi

ta, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir acompañadas, inescusablemente, da seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

c) Certificación académica completa (orixinal ou fotocopia compulsada) e fotocopia compulsada do título correspondente ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Declaración xurada na que conste que non desfrutaron destas bolsas ou doutras similares durante un período superior a un ano.

e) Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin polas distintas administracións públicas competentes.

f) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o solicitante considere de interese en relación coa bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes remata ós 20 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O solicitante deberá sinalar coa solicitude a preferencia do destino que elixa

Artigo 27º.-Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural comprobarán que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos nesta orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, nos Centros de Investigación de Mabegondo e Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, en Leiro, e na páxina web da consellería, podendo os interesados, durante o prazo de dez días, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase segundo o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 28º.-Selección de candidatos.

1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

2. Criterios xerais de selección.

A selección dos bolseiros farase tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Expediente académico, ata 4 puntos. Para efectos de cálculo da nota media non se computarán aquelas materias que consten no expediente académico do alumno como validadas.

b) Outros méritos: puntuación máxima 2 puntos. Só se valorarán os méritos acreditados documentalmente polo solicitante xunto coa súa solicitude.

Artigo 29º.-Resolución do concurso.

A comisión de selección elevará a proposta de resolución ó director xeral de Desenvolvemento Rural para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputan as bolsas e en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos.

Artigo 30º.-Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo, presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa ou axuda.

Artigo 31º.-Condicións de desfrute.

Dado o seu carácter formativo e de especialización, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa do beneficiario coa Xunta de Galicia ou co organismo ó que pertence o centro ó que se incorporan os bolseiros, aínda que si é necesaria a natural coordinación co horario, normas e disciplina do departamento ou centro de investigación onde realiza a súa formación; tampouco dará lugar á inclusión do bolseiro na Seguridade Social, ben que este quedará incluído nunha póliza colectiva de seguro de accidentes durante o período desta concesión.

Artigo 32º.-Incidencias.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas.

É incompatible o desfrute da bolsa coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas ou axudas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender técnicas de manexo de aparellos ou en relación con eles).

A ausencia inxustificada, o baixo interese e rendemento, o non cumprimento das normas de réxime interno, así como a non realización dos traballos propostos serán causa de perda da bolsa.

Artigo 33º.-Renuncia.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o bolseiro presentará a correspondente solicitude fundamentada, podéndose cubri-la vacante producida polo período de desfrute restante co candidato suplente correspondente, de acordo coa lista de suplentes

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Desenvolvemento Rural para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde e para resolver tódalas dúbidas e incidencias que puideran xurdir na súa aplicación.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria