Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Aprobado polo pleno municipal, en sesión so 6 de xullo de 2001, o prego de cláusulas administrativas particulares reguladoras da contratación por concurso aberto e tramitación urxente da obra: 1ª fase piscina cuberta en Foz exponse ó público polo prazo de 8 días contados a partir da publicación deste anuncio, para os efectos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Igualmente, e ó amparo do disposto no artigo 122.2º do citado anexo legal, anúnciase simultaneamente co citado prego a licitación da seguinte obra:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Foz.

2. Obxecto do contrato: execución da obra: 1ª fase piscina cuberta en Foz.

3. Tramitación: urxente.

4. Procedemente: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Tipo de licitación: 63.777.268 pesetas.

7. Financiación: 1ª anualidade: ano 2001. Partida 452.682. Importe: 38.105.729 pesetas.

2ª anualidade: ano 2002. Partida 452.682. Importe: 25.671.539 pesetas.

8. Prazo de execución: 12 meses.

9. Clasificación do contratistas: grupo C; subgrupo:1-9; categoría E.

Grupo K; subgrupo 2; categoría C.

10. Lugar e prazo para a presentación de ofertas: secretaría xeral do Concello de Foz, entre as 9 e as 14 horas, en 3 sobres pechados asinados polo licitador ou persoa que o represente, coa documentación e requisitos exisidos na cláusula 13, dentro do prazo dos 13 días naturais, seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Fianza provisional: 1.275.545 pesetas.

12. Fianza definitiva: 0 4% do prezo de adxudicación.

13. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Foz ás 12 horas do seguinte día hábil ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Foz, 11 de xullo de 2001.

José María García Rivera

Alcalde