Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da reparcelación voluntaria dos terrenos sitos na travesía da Laracha.

A alcaldía-presidencia, con data do 12 de xullo de 2001, dictou a seguinte resolución:

Someter a información pública polo prazo de vinte días a escritura de reparcelación voluntaria outorgada por Promocións V-Coruña, S.L. o día 8 de xuño de 2001, nº 2.647, ante o notario Ramón González Gómez, a través de anuncio no DOG.

O que se publica para xeral coñecemento advertindo que a citada escritura poderá ser consultada nas oficinas do Servicio de Urbanismo, sito na avda. da Marina 18, das 12 ás 13.30 horas, de luns a venres, durante o prazo establecido na resolución.

A Coruña, 12 de xullo de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde