Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 19 de xullo de 2001 Páx. 9.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta con tramitación urxente, as obras de substitución de cuberta e fachadas no IES de Arzúa e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta e fachadas no IES de Arzúa.

b) Lugar de execución: Arzúa.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 23.581.369 pesetas (141.726,88 euros)

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

2.2. a) Descrición do obxecto: reparación de cuberta, fachadas e obras varias no CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

b) Lugar de execución: Cambre.

c) Prazo de execución: cinco meses.

d) Importe total: 45.406.381 psesets (272.897,84 euros)

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

f) Garantía provisional: exenta.

2.3. a) Descrición do obxecto: substitución de calefacción e obras varias no IES nº 1.

b) Lugar de execución: Ordes.

c) Prazo de execución: catro meses.

d) Importe total: 17.055.335 pesetas (102.504,62 euros)

e) Garantía provisional: 2% orzamento de contrata.

2.4. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, fachadas e obras varias no CEIP Salustiano Rey Eiras.

b) Lugar de execución: A Pobra do Caramiñal.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 18.855.125 pesetas (113.321,58 euros)

e) Garantía provisional: 2% orzamento de contrata.

2.5. a) Descrición do obxecto: reparación de fachadas, cubertas e rede de saneamento no CEIP Arquitecto Casas Novoa.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: catro meses.

d) Importe total: 31.618.713 pesetas (190.032,29 euros).

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

f) Garantía provisional: exenta

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Tlfo: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Se este cae en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

5. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cae en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de xullo de 2001.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña