Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.777

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de marzo de 2001 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Advertidos erros na Orde do 28 de marzo de 2001 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, publicada no Diario Oficial de Galicia número 70, do 9 de abril de 2001, é necesario efectua-las seguintes rectificacións:

Na paxina 4.774, onde di: «Tesourerías de 1ª vacantes», debe dicir: «Tesourerías vacantes».

Con respecto ós postos de Tesourería dos Concellos de Culleredo (A Coruña), Ferrol (A Coruña), Lalín

(Pontevedra) e O Porriño (Pontevedra), publicados nas páxinas 4.774 e 4.775, debe suprimirse en todos eles a liña onde di: «clase: 1ª». No mesmo posto de Tesourería correspondente ós Concellos de Culleredo e de Ferrol debe suprimirse a liña onde di: «categoría: superior».