Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 1/2001.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo ó establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de atribucións ós directores de centros de Gasto, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e en cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acordou darlle publicidade á adxudicación do seguinte concurso público:

C.P. 1/2001 (lote único):

Obxecto: servicio de limpeza no C.S. de Caranza, nos C.S. e P.A.C. de Narón e Ortigueira, nos Consultorios de Manuel Comellas, Pedroso, O Val e Mera e no Departamento de Subministracións.

Importe da adxudicación: 33.027.984 pesetas/ano (198.502,18 euros/ano).

Adxudicatario: Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa).

Ferrol, 23 de maio de 2001.

Luis Verde Remeseiro

Director da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol