Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 13 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 15-31/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a resolución do recurso de alzada do expediente nº 15-31/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición onte teña vostede o seu domicilio ou teña sede o órgano autor do acto orixinario, á súa escolla, de acordo co disposto no artigo 8.3º en relación coa 14.1º primeira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Expediente: 15-31/1999.

Denunciante: Mª Jesús Cobas Paz.

Domicilio: r/ Luís Seoane, nº 8 baixo, 15940 A Pobra do Caramiñal.

Motivos: desestimación do recurso de alzada 177/1999.

Data da resolución: 21-5-2001.

A Coruña, 13 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña