Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.689

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001 pola que se corrixe erro advertido na do 29 de maio de 2001 pola que se convocaban probas selectivas para cubrir unha praza de documentalista do grupo II, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertido erro na Resolución do 29 de maio de 2001 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 124, do mércores 27 de xuño de 2001, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 8.649, dentro da I fase: coñecementos específicos, bloque II: institucións e políticas figura o tema 11 que di: «Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas», deberá eliminarse deste bloque e incorporalo á II fase: coñecementos non específicos, do seguinte xeito: «11. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas».

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela