Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.688

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Por resolución da División de Recursos Humanos do 16 de maio de 2001 (DOG nº 100, do 25 de maio), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

O punto 6 da base quinta desta resolución de convocatoria dispón que a autoridade convocante publicará, de se-lo caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomean os seus novos membros que teñan que substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles, polo que, esta división:

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 16 de maio de 2001 nos termos seguintes:

Tribunal: auxiliares da función administrativa e persoal de servicios xerais.

Onde di: «Santiago Fernández Nogueira».

Debe dicir: «Santiago Fernández Nogueras».

Tribunal: auxiliar de enfermería.

Membros titulares:

Presidenta: Pilar Farjas Abadía é substituída por Teresa Chuclá Cuevas, subdirectora xeral de Farmacia e Productos Sanitarios da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

Membros suplentes:

Presidenta: Teresa Chuclá Cuevas é substituída por Francisco José López Rois, director xeral da División de Asistencia sanitaria do Servicio Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos